Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32723

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de educadores, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso e a orde na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 15 de maio de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de educadores, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro),

RESOLVE:

Primeiro. Mediante a Resolución do 6 de marzo de 2023 (publicada no DOG núm. 52, do 15 de marzo), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso e, mediante a Resolución do 22 de marzo de 2023 (publicada no DOG núm. 64, do 31 de marzo), este tribunal acordou facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas.

A raíz da estimación de recursos de alzada, este tribunal acorda modificar a Resolución do 6 de marzo de 2023 (publicado no DOG núm. 52, do 15 de marzo), en relación coas puntuacións das aspirantes afectadas que pasan a ter as seguintes:

Na quenda de promoción interna:

NIF

Apelidos e nome

II.2.1.1

II.2.1.2

II.2.1.3

Par., ad., ac.

Redución

Excedencia

Total concilia.

Total

***5534**

Álvarez Pita, María Eugenia

30,00

4,60

2,25

0,00

0,00

0,00

0,00

36,85

Na quenda de acceso libre:

NIF

Apelidos e nome

a

b

c

Experiencia

Cursos

Total

***5417**

Fontaíñas Gómez, Saleta

2,00

0,00

1,85

3,85

2,15

6,00

Segundo. Debido á modificación da puntuación do baremo definitivo de María Eugenia Álvarez Pita, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo acordada pola Resolución do 22 de marzo de 2023 (DOG núm. 64, do 31 de marzo) en relación coa orde de prelación desta aspirante que pasa a ocupar a posición número 5, e renumerar a relación de persoas aprobadas a partir desta posición, tal e como se publica no seguinte cadro:

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

Quenda

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

5

***5534**

Álvarez Pita, María Eugenia

Promoción interna

35,54

Exenta

36,85

72,39

6

***3378**

Vilasó Ventoso, María Manuela

Libre

40,72

Exenta

31,36

72,08

7

***1360**

Vázquez Rodríguez, María Carmen

Libre

36,39

Exenta

35,62

72,01

Respecto da modificación do baremo definitivo de Saleta Fontaíñas Gómez, non modifica a relación de persoas aprobadas.

Terceiro. Elevar esta nova relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023

Camilo Ríos Gestal
Presidente do tribunal