Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de publicación das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto/a, mediante o procedemento de concurso-oposición.

Mediante Decreto desta Alcaldía do 31 de marzo de 2023, resolveuse a aprobación das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquitecto/a, mediante o procedemento de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña núm. 70, do 13 de abril de 2023, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal.

Brión, 2 de maio de 2023

Pablo Lago Sanmartín
Alcalde