Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32992

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de información pública relativa aos servizos de tempada.

O Concello de Ribeira acaba de asumir a xestión dos servizos de tempada en DPMT do termo municipal de cara ás tempadas 2023, 2024, 2025 e 2026, tal e como se recolle no anuncio publicado pola Demarcación de Costas de Galicia no BOE núm. 310, do 27.12.2022.

Mediante o Decreto do 23.5.2023 apróbase o expediente para a adxudicación a terceiros dos referidos servizos, e a resolución do procedemento queda supeditada á obtención da autorización da Demarcación de Costas.

O prazo de presentación das solicitudes de participación será de quince (15) días naturais contados desde a publicación deste anuncio no DOG.

As condicións da licitación defínense no prego de bases e nos anexos, que se poderán consultar no seguinte enlace: https://sede.ribeira.gal/

Ribeira, 23 de maio de 2023

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde