Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2023 Páx. 32967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 10 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación no concello de Entrimo, provincia de Ourense (expediente IN407A 2022/38-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA CCH807 apoio número 46, no concello de Entrimo, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 10 de maio de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/38-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación LMTA CCH807 apoio núm. 46.

Concello: Entrimo.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

As Quintáns

32031A092000450001FI

Herdeiros de Mercedes Lago Acuña

Enderezo descoñecido

9.5.2023