Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33246

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de dominio público hidráulico, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 16 de maio de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de dominio público hidráulico,

ACORDOU:

De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 21 de xuño de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2023

Néstor Rodríguez Arias
Presidente do tribunal