Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33186

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802L).

BDNS (Identif.): 6975111.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. As sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter presentado as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica.

c) No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobados o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.

d) Acreditar unha antigüidade de corenta e dous (42) meses na data de solicitude.

e) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

Segundo. Obxecto

Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

Terceiro. Importe

O orzamento total das subvencións previstas nesta orde ascende a 2.730.000,00 €, que se financiarán con cargo ao código de proxecto 2021 00056, distribuído nas seguintes aplicacións orzamentarias:

Aplicacións

Orzamento

11.30.324C.470.9

1.285.000,00 €

11.30.324C.481.9

145.000,00 €

11.30.324C.770.9

1.170.000,00 €

11.30.324C.781.9

130.000,00 €

Total

2.730.000,00 €

Cuarto. Bases reguladoras

Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802L).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade