Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2023 Páx. 33397

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos de estabilización de emprego público correspondentes a prazas estruturais e á oferta de emprego público do ano 2022.

Expediente 2022002073.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 249, do 30 de decembro de 2022, publicouse o anuncio de aprobación das bases e a convocatoria dos procesos selectivos de estabilización de emprego público correspondentes ás seguintes prazas estruturais do Concello de Nigrán incluídas nos supostos previstos no artigo 2.1 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e na oferta de emprego público do ano 2022:

– Segundo o artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro (funcionarios):

• 1 subalterno/a.

• 1 auxiliar administrativo/a.

– Segundo as disposicións adicionais sexta e oitava da LMURTEP (funcionarios):

• 1 técnico/a de Administración xeral.

• 1 auxiliar administrativo/a.

• 1 subalterno/a.

– Segundo as disposicións adicionais sexta e oitava da LMURTEP (laborais):

• 1 avogado/a.

• 1 psicólogo/a.

• 1 técnico/a de orientación laboral.

• 3 monitores/as culturais.

• 3 monitores/as deportivos.

• 1 oficial administrativo/a.

• 1 conserxe.

• 1 auxiliar de turismo.

As bases destas convocatorias están expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello: http://sede.nigran.org/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=10358027

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Nigrán, 7 de marzo de 2023

Juan A. González Pérez
Alcalde