Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo co procedemento abreviado 128/2023.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 128/2023 (procedemento abreviado), interposto por Ángela Rodríguez Rodríguez contra a Resolución do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso de reposición interposto o 30 de novembro de 2022 fronte á Resolución do 11 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos (DOG núm. 221, do 21 de novembro) (categoría: enfermeiro/a).

A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos