Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira e contratación de persoal laboral fixo de persoas aspirantes que participaron en procesos selectivos de estabilización do emprego temporal.

A Resolución da Alcaldía nº 374/2023, do 22 de marzo, resolveu a contratación de Ana María Varela González, provista de DNI nº ***3781**, como persoal laboral fixo, para a provisión dunha (1) praza de técnica de medio ambiente.

A Resolución da Alcaldía nº 388/2023, do 27 de marzo, nomeou a Pilar Rodríguez Iglesias, provista de DNI nº ***1580**, funcionaria de carreira, para a provisión dunha (1) praza de alguacil-porteira.

A Resolución da Alcaldía nº 423/2023, do 5 de abril, resolveu a contratación de Chus Boullón Rodríguez, provista de DNI nº ***7567**, como persoal laboral fixo, para a provisión dunha (1) praza de animadora deportiva.

A Resolución da Alcaldía nº 456/2023, do 12 de abril, resolveu a contratación de Margarita Portela Barreiro, provista de DNI nº ***9679**, como persoal laboral fixo, para a provisión dunha (1) praza de auxiliar administrativa.

Teo, 26 de abril de 2023

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde