Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33557

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no primeiro cuadrimestre do ano 2023.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro),

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2023

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora de la Escuela Gallega de Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2023

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a convocatoria e o desenvolvemento de actividades de formación e divulgación en materia de administración electrónica e de seguridade e protección de datos no ano 2023

10.2.2023

121.960 €

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Galego de Colexios Veterinarios, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

6.3.2023

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

6.3.2023

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

16.3.2023

Sen achega económica