Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34467

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 26 de maio de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 13 de xullo de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal; de lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2023

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal