Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34205

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (códigos de procedemento TR807K e TR807L).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 18.4 da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde.

Obxecto da axuda: desenvolvemento de plans de formación por parte das organizacións sindicais e asociacións empresariais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia e dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva:

Na liña 1: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a negociación colectiva promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.a) da orde de convocatoria.

Na liña 2: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.b) da orde de convocatoria.

Norma reguladora: Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 7 de febreiro).

Crédito orzamentario: 584.213,00 € (cincocentos oitenta e catro mil douscentos trece euros) recollido na aplicación 11.40.324A.481.2, código de proxecto 2020 0013 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023:

a) 70 por cento para as subvencións destinadas ao financiamento dos plans de formación da liña 1: 408.949,10 euros.

b) 30 por cento para as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación da liña 2: 175.263.90 euros.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO I

Beneficiarias liña 1

Nº de expte.

Entidade

NIF

Importe concedido

TR807K 2023-01

Unión General Traballadores Galicia

G15383011

67.920,00 €

TR807K 2023-02

Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia

G15103112

68.085,00 €

TR807K 2023-03

Central Sindical Independiente y de Funcionarios

G79514378

48.647,00 €

TR807K 2023-04

Confederación de Empresarios de Galicia

G15080476

204.355,00 €

Total

389.007,00 €

ANEXO II

Beneficiarias liña 2

Nº de expte.

Entidade

NIF

Importe total

TR807L 2023-01

UGT-Fica Galicia

G87582524

15.000,00 €

TR807L 2023-02

Federación Nacional Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia

G87589909

15.000,00 €

TR807L 2023-03

Sindicato Fetico-Galicia

G15312424

14.987,00 €

TR807L 2023-04

Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia

G15103112

14.760,00 €

TR807L 2023-05

Central Sindical Independiente y de Funcionarios

G79514378

14.237,00 €

TR807L 2023-06

UGT-servizos públicos

G78085149

14.976,00 €

Total

88.960,00 €