Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34637

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo convocado para cubrir sete prazas de oficial da policía local, pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 86, do 8 de maio de 2023, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de abril de 2023, relativas á seguinte convocatoria:

– 7 prazas de oficial da policía local (subgrupo C1), C.E. 15/22.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de maio de 2023

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior