Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34641

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para cubrir prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público para o ano 2021 e na ampliación da oferta de emprego público do ano 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 101, do 29 de maio de 2023, publicáronse as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP do ano 2021 e na ampliación da OEP do ano 2021.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 16 de maio de 2023, os procesos selectivos para a cobertura de varias prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na OEP do ano 2021 e na ampliación da OEP do ano 2021, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a de infraestruturas culturais, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial electricista, mediante quenda libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publícanse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 29 de maio de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura