Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2023 Páx. 34644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura de dúas prazas de oficial electricista do subgrupo C2 por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 78, do 24 de abril de 2023, publícanse integramente as bases, aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 15 de marzo de 2023, da convocatoria para a cobertura por funcionarios/as de carreira de dúas prazas de oficial electricista do subgrupo C2, por promoción interna.

O prazo de presentación de instancias, en que se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva, é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 25 de abril de 2023

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente