Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 34659

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2023

Título

Obxecto

Achega económica da secretaría (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela coa finalidade de contribuír a atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día Santiago Apóstol de Caracas (Venezuela)

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no Centro de Día Santiago Apóstol de Caracas (Venezuela)

40.000,00 €

18.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago para o mantemento dun punto de información e asesoramento social en Salvador de Bahía, Brasil

Mantemento dun punto de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración

7.000,00 €

19.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

Establecer o marco da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial

65.000,00 €

19.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo, para a atención socio-sanitaria da cidadanía de orixe galega residente en Montevideo, Uruguai

Atención socio-sanitaria da cidadanía de orixe galega residente en Montevideo, Uruguai

30.000,00 €

19.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Fillos de Ourense (Fundaourense) de Venezuela para a atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Venezuela

Atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Venezuela

30.000,00 €

19.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Mar del Plata para a atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Mar del Plata (Arxentina) acollida no centro de día

Contribuír ao financiamento do custo derivado da atención que se lle presta ás persoas galegas acollidas no centro de día

10.000,00 €

19.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Associaçao Recreio dos Anciaos para asilo da Velhice Desamparada en Río de Janeiro, Brasil, para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro, Brasil

Contribuír á atención das necesidades

socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Río de Janeiro, Brasil

20.000,00 €

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de Sao Paulo, coa finalidade de contribuír á atención das necesidades asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de asistencia social de Sao Paulo (Brasil)

Contribuír á atención das necesidades asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de asistencia social de Sao Paulo (Brasil)

15.000,00 €

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Español de Montevideo (Uruguai), para contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residente en Montevideo

Contribuír á atención das necesidades

socio-asistenciais básicas da cidadanía galega residentes en Montevideo

75.000,00 €

20.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses para o desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a persoas emigrantes retornadas

Desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a persoas galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega

10.000,00 €

24.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Hermandad Gallega de Venezuela, para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial

55.000,00 €

25.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Maracaibo para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Maracaibo, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Centro Gallego de Maracaibo (Venezuela) para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial

7.000,00 €

25.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Puerto de la Cruz, para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Puerto de la Cruz, Venezuela

Establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Centro Gallego de Puerto de la Cruz (Venezuela) para o mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socio-asistencial

7.000,00 €

25.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos, para a atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Santos, Brasil

Establecer o marco da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos, Brasil, para a atención das necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas da cidadanía de orixe galega residente en Santos (Brasil) que por razóns de idade ou estado físico careza de autonomía persoal e/ou que se atope en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa

12.000,00 €

25.4.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU) para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a persoas emigrantes retornadas

Articular o financiamento dos gastos derivados do mantemento dunha oficina de información e asesoramento da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia

7.500,00 €

26.4.2023