Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2023 Páx. 35065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de maio de 2023, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de extinción do título concesional relativo ao aproveitamento no río Vilaza ou Miñor, no concello de Gondomar.

O 2 de maio de 2023 ditouse acordo de inicio do expediente de extinción por causa de caducidade dun título concesional outorgado para aproveitamento hidroeléctrico o 23.10.1907, cuxas características básicas son as que se transcriben a continuación:

– Clave e denominación do aproveitamento: 1/311/1, AH Pego Negro.

– Titular do aproveitamento: Laureano Salgado Rodríguez.

– Caudal máximo de auga concedido: 1500 l/s.

– Corrente de onde derivan as augas: Vilaza ou Miñor.

– Termo municipal: Gondomar (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), notifícase o dito acordo para que, en cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado compareza, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Durante este mesmo prazo poderá formular as alegacións e achegar as probas que considere oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2023

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico