Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35250

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 1 de xuño de 2023 sobre a publicación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo.

Anúnciase a publicación da Resolución do 1 de xuño de 2023, do director xeral do Igape, pola que se aproba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo de persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

A resolución pode consultarse no portal web corporativo do Igape, no enderezo:

https://www.igape.gal/gl/mais-igape/transparencia-e-goberno-aberto

O prazo para presentar alegacións é de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica