Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2023 Páx. 35093

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2023, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN519B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 9 do anexo I da Orde do 14 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN519B), procédese por medio desta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ao abeiro da dita orde.

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 14 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN519B) (DOG núm. 1, do 2.1.2023).

b) Aplicación orzamentaria: 05.02.732-A 760.0.

c) Crédito orzamentario: 2.532.125,76 euros. O crédito orzamentario inicial disposto pola Orde do 14 de decembro de 2023 foi ampliado pola Orde do 2 de maio de 2023 (DOG núm. 87, do 8 de maio).

d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas. A listaxe inclúe beneficiarios que renunciaron á subvención concedida.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2023

Paula Uría Traba
Secretaria xeral de Industria

ANEXO

Subvencións concedidas

Solicitante

NIF

Expediente

Finalidade

Contía
da axuda

Concello de Agolada

P3602000F

IN519B 2023/38-0

Mellora de infraestruturas viarias no interior do polígono industrial Merlín.

119.983,60 €

Concello do Barco de Valdeorras

P3201000A

IN519B 2023/62-0

Mellora de infraestruturas no polígono industrial do Barco de Valdeorras.

120.000,00 €

Concello de Boiro

P1501100J

IN519B 2023/35-0

Mellora na iluminación pública no parque empresarial de Espiñeira: iluminación pública.

47.796,62 €

Concello de Boiro

P1501100J

IN519B 2023/36-0

Mellora de infraestruturas no parque empresarial de Espiñeira: infraestrutura viaria.

65.767,50 €

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

IN519B 2023/03-0

Acondicionamento e mellora do acceso á zona industrial O Picón.

120.000,00 €

Concello de Cabanas

P1501500A

IN519B 2023/33-0

Mellora de accesos no parque empresarial de Vilar do Colo.

47.999,99 €

Concello de Cambados

P3600600E

IN519B 2023/09-0

Dotación de infraestruturas no polígono industrial de Sete Pías.

86.593,69 €

Concello de Campo Lameiro

P3600700C

IN519B 2023/88-0

Xestión de residuos.

41.257,02 €

Concello da Cañiza

P3600900I

IN519B 2023/23-0

Mellora no parque empresarial de Uceira.

22.512,64 €

Concello de Castro de Rei

P2701000H

IN519B 2023/66-0

Mellora da infraestruturas no parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea.

14.074,72 €

Concello de Coirós

P1502700F

IN519B 2023/30-0

Sistemas de protección contraincendios no parque empresarial de Coirós.

70.416,87 €

Concello de Fene

P1503600G

IN519B 2023/60-0

Mellora da sinalización e accesibilidade ao polígono de Vilar do Colo.

98.779,58 €

Concello da Gudiña

P3203500H

IN519B 2023/13-0

Mellora de rede de saneamento do polígono industrial da Gudiña.

93.522,70 €

Concello da Lama

P3602500E

IN519B 2023/20-0

Mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial do Racelo.

41.621,38 €

Concello de Meaño

P3602700A

IN519B 2023/42-0

Ampliación da rede de saneamento do polígono industrial da Pedreira.

42.909,02 €

Concello de Noia

P1505800A

IN519B 2023/64-0

Mellora do punto limpo.

44.213,43 €

Concello de Noia

P1505800A

IN519B 2023/65-0

Infraestruturas viarias no polígono industrial de Augalevada.

45.440,89 €

Concello de Oroso

P1506100E

IN519B 2023/52-0

Infraestruturas viarias.

120.000,00 €

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

IN519B 2023/51-0

Mellora de infraestruturas viarias no parque empresarial de Outeiro de Rei.

108.568,70 €

Concello de Palas de Rei

P2704000E

IN519B 2023/47-0

Mellora do firme do parque empresarial.

28.328,98 €

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

IN519B 2023/74-0

Mellora da vía de acceso noroeste ao parque empresarial do Pereiro de Aguiar. Fase 2.

38.587,14 €

Concello de Ponteceso

P1506900H

IN519B 2023/32-0

Mellora no acceso ao parque empresarial Tella Fase III.

26.092,67 €

Concello de Pontedeva

P3206500E

IN519B 2023/49-0

Mellora do acceso ao polígono de Trado.

86.480,88 €

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

IN519B 2023/14-0

Mellora do acceso ao polígono de Chan do Ponte.

5.604,30 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2023/27-0

Mellora do firme de vías no polígono industrial de Barreiros.

42.042,35 €

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2023/28-0

Mellora da rede troncal de videovixilancia no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

41.466,20 €

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

IN519B 2023/10-0

Infraestrutura viaria no polígono industrial de San Cristovo de Cea.

120.000,00 €

Concello de Santa Comba

P1507800I

IN519B 2023/76-0

Mellora do acceso Sureste ao parque empresarial de Santa Comba.

67.869,67 €

Concello de Sanxenxo

P3605100A

IN519B 2023/70-0

Melloras na iluminación pública no parque empresarial de Nantes.

120.000,00 €

Concello de Sarria

P2705700I

IN519B 2023/53-0

Mellora de infraestruturas viarias no polígono industrial do Morelle.

120.000,00 €

Concello do Saviñao

P2705800G

IN519B 2023/21-0

Acondicionamento do parque empresarial do Peago.

55.292,16 €

Concello das Somozas

P1508200A

IN519B 2023/07-0

Pavimentación viaria principal no polígono industrial das Somozas.

120.000,00 €

Concello de Tordoia

P1508500D

IN519B 2023/71-0

Renovación de instalacións de alumeado publico en Pedrasalgueira.

6.816,03 €

Concello de Valga

P3605600J

IN519B 2023/08-0

Mellora dos accesos e infraestruturas do parque empresarial de Campaña.

41.510,69 €

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

IN519B 2023/59-0

Instalación de depuradora de auga no polígono industrial do Camballón.

120.000,00 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2023/25-0

Infraestruturas viarias no polígono empresarial de Tamallancos.

38.718,91 €

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2023/29-0

Mellora da xestión de residuos no parque empresarial de Tamallancos.

30.958,36 €