Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35722

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Segundo o disposto na base IV da convocatoria do día 23 de decembro de 2022 da entidade instrumental Fundación Galicia Europa, será o órgano convocante o competente para nomear a Comisión de Aelección do proceso. En virtude do antedito, o director da Fundación Galicia Europa

RESOLVE:

Nomear as seguintes persoas como membros da Comisión de Selección do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I) e de auxiliar administrativo/a (grupo IV), na entidade instrumental Fundación Galicia Europa:

Presidenta: Mar Rodríguez Mediavilla.

Secretario: Cándido Rial Rodríguez.

Vogais:

– Mª Eugenia Paz Costoya.

– Olga Mª Rosario Sáenz-Díez Naval.

– Mª Amparo Castaño Aguado.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

Jesús Mª Gamallo Aller
Director da Fundación Galicia Europa