Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2023 Páx. 36115

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 9 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados pola Resolución do 25 de agosto de 2021.

Por Resolución do 25 de agosto de 2021, que se recolle no anexo I desta orde, convocouse o proceso de funcionarización para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A dita resolución de convocatoria recolle literalmente o seguinte: «O persoal laboral fixo da categoría III-100 que non posúa a titulación requirida para o acceso á escala de bombeiro forestal xefe de brigada (grupo B) poderá participar igualmente no proceso de funcionarización que se convoque nesta escala. Para o persoal que supere a proba tipo test e a fase de concurso conservaranse estas actuacións para posteriores procesos que se poidan convocar. A conservación dese dereito terá a duración de cinco anos desde o remate do presente proceso (inicio do prazo da toma de posesión dos que cumpren os requisitos) coa finalidade de que poidan obter a titulación necesaria para o acceso ao grupo B ou o C1, ou o que posteriormente se determine segundo a titulación que posúan/adquiran.

Durante o ano 2022 convocarase un proceso para a funcionarización na escala de encargado de brigada do subgrupo C1 para que os interesados con titulación que non poideron tomar posesión na escala do grupo B convocada por non posuíren a titulación, poidan acceder a esta escala do subgrupo C1 coa exención das fases superadas naquel.

Este persoal do C1, se no prazo dos cinco anos sinalado no punto anterior achega ante a Dirección Xeral da Función Pública a titulación habilitante para o ingreso no grupo B, integrarase desde esa data nese novo grupo ao ter superado as probas do proceso de funcionarización».

A disposición final quinta da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, recolle no seu punto 5 que, mentres non se produza o desenvolvemento regulamentario das diferentes escalas do grupo B, o persoal de novo ingreso e o persoal que adquira a condición de persoal funcionario de carreira ao abeiro da disposición transitoria primeira da devandita lei, da escala técnica e da escala técnica operativa do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, quedará integrado no subgrupo C1 e manterá a actual denominación de bombeiro forestal xefe de brigada.

O Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro) inclúe na oferta de emprego público para o ano 2020, 108 prazas da escala técnica do SPDCIF, grupo B; indica tamén que as convocatorias dos procesos selectivos referentes ao grupo B, mentres non se produza o desenvolvemento regulamentario do dito grupo, se adecuarán á Lei 2/2015, do 29 de abril, de maneira que a incorporación do persoal producirase no subgrupo C1.

A Resolución do 22 de maio de 2023, que aproba a modificación da RPT referente a este proceso de funcionarización (DOG núm. 101, do 30 de maio) recolle tamén que todos os postos de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada están clasificados no subgrupo C1, e que mentres non se produza o desenvolvemento regulamentario do grupo B, a funcionarización producirase no subgrupo C1.

Consonte o anterior, ao estar o grupo B pendente de desenvolvemento regulamentario non ten efectos normativos, polo que, en tanto non se produce o dito desenvolvemento, todo o persoal da categoría III-100 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia debe funcionarizarse no subgrupo C1, e manterá as mesmas funcións, con independencia de que se trate de persoal que pola súa titulación poida optar ao grupo B ou non. As prazas e o persoal que supere o proceso selectivo serán do grupo B no momento no que se proceda ao desenvolvemento regulamentario deste, e mentres tanto serán funcionarizados no subgrupo C1.

A Orde do 23 de maio pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 12 de maio e do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 100, do 29 de maio de 2023) inclúe no seu anexo II o persoal que cumpre o requisito de titulación para o seu ingreso no grupo B (grupo pendente de desenvolvemento regulamentario), que é a de técnico superior en xestión forestal e do medio natural ou equivalente e carné, autorización ou licenza que sexan necesarias para o manexo dos vehículos. A presente orde inclúe no seu anexo II o persoal que cumpre o requisito de titulación para o ingreso no subgrupo C1 (técnico ou bacharel e carné, autorización ou licenza que sexan necesarias para o manexo dos vehículos). En ámbas as dúas situacións, e de acordo co recollido anteriormente, a funcionarización prodúcese no subgrupo C1, mantendo todos eles a denominación de bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

De conformidade co artigo 72 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o principio de simplificación administrativa, procede acordar unha única orde para regular as cuestións derivadas do cambio do vínculo xurídico das persoas afectadas polo dito proceso de funcionarización.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto regular o cambio do vínculo xurídico do persoal recollido no anexo II desta orde que superou o correspondente proceso de funcionarización.

2. Así mesmo, a presente orde ten por obxecto regular o prazo de toma de posesión como persoal funcionario de carreira do dito persoal.

3. Finalmente, esta orde ten por obxecto regular outros aspectos ligados ao cambio do vínculo xurídico coa Administración do persoal que superou o devandito proceso de funcionarización.

Artigo 2. Prazo para a formalización do acordo de conformidade de cambio do vínculo xurídico

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte ao establecido no artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. A data de sinatura deste acordo de extinción será o 12 de xuño de 2023.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Artigo 3. Prazo para o cambio do vínculo xurídico coa Administración

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 13 de xuño de 2023.

Artigo 4. Cómputo dos prazos en caso de permisos, licenzas, incapacidade temporal e incapacidade permanente con reserva de posto

No caso de vacacións, permisos ou licenzas o prazo para a sinatura do acordo de extinción comezará a contar desde a súa finalización; o día da toma de posesión será o seguinte hábil ao da sinatura do dito acordo. Nos supostos de incapacidade temporal ou de incapacidade permanente con reserva de posto, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta ou reincorporación.

Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior as situacións derivadas da maternidade ou paternidade.

Artigo 5. Efectos do incumprimento dos prazos

O incumprimento dos prazos antes indicados, agás as causas de forza maior debidamente acreditadas e apreciadas pola Dirección Xeral da Función Pública, implicará que a persoa interesada desiste voluntariamente da súa funcionarización e, polo tanto, non se producirá o cambio do seu vínculo xurídico, mantendo a súa condición de persoal laboral fixo e todos os dereitos inherentes á dita condición.

Artigo 6. Excedencias

Segundo o establecido no artigo 8.2 do Decreto 165/2019, o/a traballador/a conservará a situación administrativa que teña recoñecida noutras categorías laborais antes da adquisición da súa condición de persoal funcionario de carreira.

Artigo 7. Trienios

Segundo o artigo 9.3 do Decreto 165/2019, o persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto na nómina á marxe do complemento de funcionarización-persoal.

Percibiranse os trienios recoñecidos valorados na contía que corresponda ao corpo, subgrupo, escala ou especialidade do posto equivalente.

As diferenzas de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario percibirase nun concepto na nómina nos termos recollidos no artigo seguinte.

O primeiro trienio que se perfeccione como funcionario non terá unha contía inferior ao que se percibiría como laboral.

Artigo 8. Complemento de funcionarización

Segundo o establecido no artigo 9.2 do Decreto 165/2019, a diferenza de retribucións entre a condición de persoal funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización.

Este complemento dividirase en dúas epígrafes:

Epígrafe a) funcionarización-persoal: comprende a diferenza de retribucións brutas anuais fixas na súa contía e periódicas na súa devindicación, percibidas como persoal laboral fixo, excluídos os complementos de antigüidade e demais complementos persoais, e as percibidas como persoal funcionario. Este complemento percibirase en 12 mensualidades. Este complemento non é compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspondentes leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Epígrafe b) funcionarización-antigüidade: que recollerá a diferenza de retribucións entre a contía dos trienios recoñecidos como persoal laboral e a súa equivalencia como trienios do persoal funcionario. Este complemento percibirase en 14 mensualidades e non será compensable nin absorbible.

Artigo 9. Consolidación do grao persoal

A consolidación do grao persoal realizarase de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991 do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Artigo 10. Persoal en adscrición temporal

O persoal que no momento da toma de posesión se atope en adscrición temporal poderá continuar prestando servizos nese mesmo posto mediante unha comisión de servizos, sempre que o posto da adscrición temporal tamén sexa obxecto de transformación en posto de persoal funcionario.

Para tal efecto, a correspondente adscrición temporal transformarase en comisión de servizos sempre que a persoa interesada cumpra os requisitos para o seu desempeño, consonte co establecido no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Artigo 11. Compatibilidades

As persoas que, ao abeiro da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, teñan autorizada ou recoñecida a compatibilidade para o desempeño doutra actividade dispoñen dun prazo máximo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da toma de posesión para solicitar, ante a Consellería de Facenda e Administración Pública, a compatibilidade conforme a nova condición, entendéndose prorrogada a compatibilidade en tanto recae a nova resolución. Todas as autorizacións ou recoñecementos de compatibilidade realizados con anterioridade á modificación do vínculo xurídico quedan automaticamente sen efecto. 

Artigo 12. Mantemento das interinidades

Cando o persoal laboral fixo que, estando en excedencia forzosa, excedencia por coidado de fillo e familiares ou con permiso sindical a tempo completo, tome posesión como persoal funcionario de carreira, a persoa substituta continuará desenvolvendo o posto de traballo nas mesmas condicións e circunstancias, malia o cambio na correspondente relación de postos de traballo do tipo de posto.

Artigo 13. Reducións de xornada

O persoal laboral fixo que, no momento de producirse o cambio do vínculo xurídico, tivese concedida unha redución de xornada, poderá continuar coa mesma redución que tiña concedida unha vez se formalice o cambio.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Convocatorias dos procesos de funcionarización
obxecto da presente orde

Por Resolución do 25 de agosto de 2021 convocouse o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG núm. 170, do 3 de setembro de 2021).

ANEXO II

Persoal nomeado funcionario de carreira

As persoas que tomarán posesión como persoal funcionario de carreira, ao abeiro do establecido na presente orde, serán as que proveñen das categorías de persoal laboral que aquí se relacionan, quedando integrados no subgrupo C1, consonte o recollido na disposición final quinta dan Lei 2/2015.

Categoría 100 (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do grupo III:

Nome

NIF

Posto

Carácter

Andión López, Lino

***1427**

MRC995003115580036

Definitivo

Antelo Pena, Carlos Alberto

***1762**

MRC995002315190036

Definitivo

Araujo Lorenzo, Samuel

***2773**

MRC995014132840041

Definitivo

Caabeiro García, Manuel

***0912**

MRC995001115350037

Definitivo

Calaza Coira, Antonio

***2118**

MRC995002115090036

Definitivo

Carbajal Castiñeira, José Miguel

***7860**

MRC995019236001067

Definitivo

Carballo Becerra, María Victoria

***7836**

MRC995013132090077

Definitivo

Carnero Vidal, Jesús

***3457**

MRC995009127001067

Definitivo

Carreira Ozón, David

***9311**

MRC995005215330036

Definitivo

Cebey Suárez, Jesús Manuel

***9668**

MRC995002315190060

Definitivo

Espín Sánchez, Amadeo

***7349**

MRC995009127001040

Definitivo

Fernandes Antunes, Marcio Dinis

***6085**

MRC995014132840042

Definitivo

Figueiras Saborido, Severino

***7273**

MRC995016236170036

Definitivo

Fontal Belón, José Manuel

***0514**

MRC995009227560035

Definitivo

García Mosquera, Julio José

***0557**

MRC995004215660037

Definitivo

García Sixto, Roberto

***9487**

MRC995013232230039

Definitivo

García Valcarce, Jaime

***3033**

MRC995009127001068

Definitivo

González Vázquez, Fernando

***8635**

MRC995018136440038

Definitivo

López Díaz, Carlos

***9144**

MRC995009227560060

Definitivo

López Mariña, Juan José

***6150**

MRC995001727060037

Definitivo

López Penas, Javier

***2458**

MRC995019236001036

Definitivo

Martínez García, José

***6743**

MRC995007227180037

Definitivo

Novas Duarte, Roberto

***9554**

MRC995019136590065

Definitivo

Ogando Mouzo, Julio José

***9964**

MRC995004115560065

Definitivo

Pais Belin, Alejandro

***2305**

MRC995013232230037

Definitivo

Pérez Diego, Roberto

***9400**

MRC995018236530041

Definitivo

Pichel Montes, Domingo Santiago

***9255**

MRC995017136420038

Definitivo

Rodríguez Conde, Ángel

***8633**

MRC995004115560037

Definitivo

Rodríguez Villanueva, Marcos

***1610**

MRC995016136240038

Definitivo

Sánchez Silva, Carlos

***1374**

MRC995006227290036

Definitivo

Trigo García, José Antonio

***2327**

MRC995015132060041

Definitivo

Tubío Carneiro, Francisco José

***7035**

MRC995004115560036

Definitivo

Uhía Patiño, Leandro

***8543**

MRC995005315440037

Definitivo

Valcárcel Pereiro, José Antonio

***6412**

MRC995009227560034

Definitivo

Vázquez López, Miguel

***6287**

MRC995010227280051

Definitivo

Vences González, Antonio

***0331**

MRC995003115580037

Definitivo

Viaño Ruzo, Andrés Rosendo

***1423**

MRC995019136590066

Definitivo

Villadeamigo Torres, Víctor Manuel

***6099**

MRC995016136240037

Definitivo