En sesión que tivo lugar o 5 de xuño de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 1 de xullo de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nos pavillóns 1 e 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023
María Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal