1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación Portuaria.
c) Número de expediente: PRG-2023-0046.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a selección, ao abeiro do artigo 71 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para seleccionar unha oferta, por cada lote, dunha entidade que, mediante concesión administrativa, equipe, acondicione e explote as instalacións para dar os servizos de hostalaría (bar cafetaría e nalgún caso restauración) aos usuarios dos portos onde se localiza a edificación.
b) Lugar da concesión: Burela, Cedeira, Ortigueira, San Pedro de Visma, A Pobra do Caramiñal, Baiona, A Pasaxe (lote 1, lote 2, lote 3, lote 4, lote 5, lote 6, lote 7, lote 8).
c) Prazo da concesión: ata un máximo de cincuenta (50) anos, conforme o descrito na cláusula 7 do prego de bases que rexe a presente contratación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de valoración das ofertas que figuran na cláusula 12.2 do prego de bases do concurso.
4. Taxas de explotación: as especificadas na cláusula 8 do prego de bases do concurso.
5. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.
b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6ª, polígono das Fontiñas (Área Central).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.
d) Teléfono: 881 99 52 70.
e) Fax: 981 54 53 24.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
g) Perfil de contratante: o prego de bases desta convocatoria poderanse obter no seguinte enderezo da internet:
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=820150
6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.
7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás catorce (14.00) horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) arquivos electrónicos, segundo se especifica no prego de bases do concurso
c) Lugar de presentación: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.
8. Apertura das ofertas: electrónico a través do Sistema de licitación ectrónica da Xunta de Galicia (Silex).
a) Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.
b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º, polígono das Fontiñas (Área Central).
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días a contar dende a apertura da documentación administrativa do sobre 1.
9. Outras informacións: a Mesa de Contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1, e publicará no Perfil de contratante o resultado da apertura, para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se fose o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.
10. Gastos dos anuncios: os gastos de publicidade que, se é o caso, se xeren correrán a cargo do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023
Susana Lenguas Gil
Presidenta


