Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 36890

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo.

Unha vez publicado o proceso selectivo mediante a Resolución da Dirección Xeral do Igape do 29 de decembro de 2022, anunciada no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, o Instituto Galego de Promoción Económica

DISPÓN:

Nomear a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo do Igape, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Presidencia: Begoña García Maneiro.

Secretaría: Elena Barba Pan.

Vogais:

Marina Lavandeira Pintane.

Eduardo Suárez Campo.

José María Pinta Ponte.