Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37085

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

En virtude das atribucións que me confire o artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, para crear, modificar ou suprimir mediante decreto as vicepresidencias e consellerías, e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e organización administrativa,

DISPOÑO:

Artigo 1

A Xunta de Galicia estará integrada polas vicepresidencias e consellerías que a continuación se relacionan:

– Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

– Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Consellería de Facenda e Administración Pública.

– Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

– Consellería de Economía, Industria e Innovación.

– Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

– Consellería de Política Social e Xuventude.

– Consellería de Sanidade.

– Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

– Consellería do Medio Rural.

– Consellería do Mar.

Artigo 2

A orde de prelación das consellerías manterase segundo o establecido no artigo anterior.

Disposición transitoria

Mentres non se proceda ao desenvolvemento da estrutura contida neste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira

O Consello da Xunta determinará a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías previstas neste decreto.

Disposición derradeira segunda

A Consellería de Facenda e Administración Pública realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto.

Disposición derradeira terceira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente