Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2023 Páx. 37493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0756/2022-PPM.

Intentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Mar, ou ben poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O prazo empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo (Concepción Arenal, 8, 4º andar).

Vigo, 30 de maio de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0756/2022-PPM

35491586X

Resolución de suspensión condicional

Sobrán, 15, baixo, Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa