En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de xuño de dous mil vinte e tres,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Susana López Abella como secretaria xeral da Igualdade, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, quince de xuño de dous mil vinte e tres
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade


