Para os efectos de coñecemento das persoas interesadas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de trazado de aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas, AG-57, que terán lugar no concello de Nigrán o día 6 de xullo de 2023.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoal debidamente autorizado. Nel deberán exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.
As persoas poden ver o expediente no Servicio Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 8 de xuño de 2023
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
Día |
Hora |
|
1 |
54035A076002270000HP |
Costas Rodríguez, Angelina |
6.7.2023 |
10.00 |
|
3 |
54035A076003190000HG |
Barros González, Luis (herdeiros de) |
6.7.2023 |
10.30 |
|
4 |
54035A076002250000HG |
Martínez González, Modesto |
6.7.2023 |
11.45 |
|
5 |
54035A076002240000HY |
Iglesias Puime, José Antonio |
6.7.2023 |
10.45 |
|
5 |
54035A076002240000HY |
Iglesias Puime, Gonzalo |
6.7.2023 |
10.45 |
|
6 |
54035A076002230000HB |
Iglesias González, Manuel (herdeiros de) |
6.7.2023 |
11.15 |


