Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2023 Páx. 38071

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (208 prazas) (código de procedemento BS213K).

O Estatuto de autonomía de Galicia no artigo 27.23 atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei orgánica 1/1996 insiste na prioridade de atender os casos de desprotección sempre que sexa posible no ambiente familiar de nenos, nenas e adolescentes. Neste sentido, cando se refire aos criterios xerais a partir dos cales se interpretará e aplicará en cada caso o interese superior do neno, nena ou adolescente, fai referencia expresa a que «se priorizará a permanencia na súa familia de orixe e se preservará o mantemento das súas relacións familiares».

Así, pois, o recurso á atención integral para aqueles casos en que o plan individualizado de protección o considere oportuno correspóndese de xeito indubidable co interese superior de nenos, nenas e adolescentes, e constitúe unha prioridade da entidade pública de protección da Comunidade Autónoma de Galicia.

O acollemento residencial en réxime de atención de día integral está previsto no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 108, do 8 de xuño de 2016). En concreto, o punto 2.4.5 do anexo desta norma refírese aos «servizos de atención diúrna a menores», que define como o conxunto de intervencións técnico-profesionais de apoio á familia e ás persoas menores, prestado nun centro, nun contexto de convivencia adecuado, destinado a satisfacer as súas necesidades persoais básicas, así como as educativas, de maneira que se minimicen as situacións de risco e se posibilite o traballo coas familias para que aumenten os seus factores de protección.

Á vista das habilitacións normativas anteriores, nos últimos anos o programa de acollemento residencial en réxime de atención de día integral veuse desenvolvendo a través de varios contratos administrativos de servizos. Non obstante, a habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola entidade pública de protección á infancia e á adolescencia de Galicia.

Este proxecto será financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude, con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.228, que figura na Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, na cal existe crédito adecuado e suficiente.

Cumpridos os requisitos do artigo 10 e de conformidade co artigo 11 do dito Decreto 229/2020, a resolución de convocatoria do procedemento BS213K deste concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de acollemento residencial en réxime de atención de día integral (código de procedemento BS213K), que se xunta á presente resolución no anexo I, e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO I

Concerto social con código de procedemento BS213K, que consiste na xestión de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

A Constitución española dispón no artigo 39, entre os principios reitores da política económica e social, o apoio dos poderes públicos para asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, e sinala igualmente que nenos, nenas e adolescentes deberán gozar da protección prevista nos acordos internacionais, entre os que deben incluírse os dereitos recoñecidos á infancia pola Convención sobre os dereitos do neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e en vigor en España desde o 5 de xaneiro de 1991.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias exclusivas en materia de asistencia social, de conformidade co disposto no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e nos reais decretos de transferencia 2411/1982, do 24 de xullo (BOE núm. 232, do 28 de setembro), e 534/1984, do 25 de xaneiro (BOE núm. 69, do 21 de marzo) e, en virtude da dita competencia aprobáronse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, ten atribuída entre as súas competencias, segundo o Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 94, do 16 de maio), o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 101, do 27 de maio), e o Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Xuventude (DOG núm. 130, do 8 de xullo), a protección e a tutela dos/das menores en situación de risco ou desamparo.

A atención residencial a nenos, nenas ou adolescentes cunha medida de protección forma parte do contido esencial das obrigas que como titor ou gardador lle corresponden á Xunta de Galicia por ministerio da lei.

Por outra parte, a atención en centros de día ou con unidades de día integradas en centros residenciais, constitúe unha das modalidades da medida de apoio á familia, que ten como finalidade xenérica a de proporcionar as axudas materiais e educativas que permitan a mellora do medio familiar e a atención das necesidades do neno, nena ou adolescente, para evitar a separación familiar. Este recurso pode aplicarse de xeito excepcional asociado a medidas de tutela ou garda como instrumento de valoración das capacidades das familias de orixe.

Para levar a cabo estas actuacións desenvólvese entre outros o programa de intervención de acollemento residencial en réxime de atención de día integral. Para a súa execución a Administración dispón de equipamentos propios con xestión directa que son insuficientes para cubrir as necesidades existentes, polo que é preciso contar cos medios proporcionados por outras entidades públicas, a través dos oportunos convenios de colaboración, ou privadas, a través da contratación dos servizos ou deste concerto social. En consecuencia, a Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, promove a colaboración de entidades a través de procedementos de concertación de servizos en libre concorrencia pública.

Tendo en conta que a necesidade de dispor de centros para a atención á infancia e á adolescencia é constante, e que debe garantirse unha oferta de recursos suficientes para atender a necesidade deste tipo de recursos, cómpre por razóns de interese público manter o dito servizo.

Este concerto social permitirá a participación, en libre concorrencia pública, de entidades titulares de centros de menores, capaces de achegaren para a execución do servizo atención de día que cubra as necesidades xeradas polo remate dos contratos actualmente vixentes.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021), establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

A atención de día está prevista no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 108, de 8 de xuño de 2016). En concreto, o punto 2.4.5 do anexo desta norma refírese aos «servizos de atención diúrna a menores», que define como «conxunto de intervencións técnico-profesionais de apoio á familia e ás persoas menores, prestado nun centro, nun contexto de convivencia axeitado, destinado a satisfacer as súas necesidades persoais básicas, así como as educativas, de xeito que se minimicen as situacións de risco e se posibilite o traballo coas familias para que aumenten os seus factores de protección».

B) Obxecto do concerto social.

O obxecto do presente concerto, con código de procedemento BS213K, é a prestación a aquelas nenas, nenos ou adolescentes con medida de protección pola Xunta de Galicia do servizo de acollemento residencial en réxime de atención de día integral co obxectivo de dar resposta ás súas necesidades e co fin de favorecer o pleno desenvolvemento de todas as facetas da súa persoalidade, nun ambiente o máis parecido ao ámbito familiar. Así, resulta esencial o traballo e a relación coa familia dos nenos, nenas ou adolescentes, sempre e cando aquela sexa favorable a estes/as. A asignación de prazas que se efectúa por medio deste procedemento refírese a centros específicos de atención de día, segundo se describen no artigo 19.1 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia (DOG núm. 156, do 16 de agosto).

Os obxectivos específicos que se perseguen co servizo que se presta son os seguintes:

– Prestar a medida de apoio á familia consistente na atención de día integral aos nenos, nenas ou adolescentes co obxecto de proporcionarlles durante o día unha serie de servizos de apoio socioeducativo e familiar, tendentes a favorecer o seu proceso de normalización. Tamén se poderá asignar este recurso a nenos ou nenas con outras medias de protección cando este recurso responda ao seu interese superior.

– Dar cobertura ás necesidades básicas dos nenos, nenas e adolescentes cunha medida de protección ou que necesiten atención inmediata, e proporcionarlles a atención, a educación e a formación axeitadas, co fin de favorecer o pleno desenvolvemento de todas as facetas da súa persoalidade.

– Levar a cabo unha intervención individualizada cos nenos, nenas ou adolescentes e, de ser o caso, as súas familias de orixe, co obxecto de promover a adecuada integración daqueles na súa propia familia ou, se isto non é posible, nunha familia alternativa, ou preparalos para a vida independente.

– Proporcionar un contexto de socialización positivo a nenos, nenas ou adolescentes que deban cumprir unha medida de convivencia en familia ou grupo educativo imposta en aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, de responsabilidade penal dos menores, mediante a súa convivencia temporal cun grupo educativo que cumpra a función da familia no que respecta ao desenvolvemento de pautas socioafectivas prosociais na persoa usuaria.

Para os efectos desta convocatoria, o concerto social distribúese nos seguintes lotes:

Nº lote

Concello

Provincia

Nº de prazas de día

1

Monforte de Lemos

Lugo

8

2

Santiago de Compostela

A Coruña

10

3

Ponteareas

Pontevedra

10

4

O Barco de Valdeorras

Ourense

10

5

Verín

Ourense

10

6

Ourense

Ourense

13

7

Lugo

Lugo

15

8

Vigo

Pontevedra

15

9

Vigo

Pontevedra

16

10

Vigo

Pontevedra

20

11

Vigo

Pontevedra

25

12

Arteixo

A Coruña

26

13

Burela

Lugo

30

Total prazas ofertadas

208

As entidades concertantes poderán optar a un, a varios ou ao total dos lotes.

Presentarán a súa proposta por todas as prazas ofertadas, segundo o lote ou lotes polo/s que opten.

C) Modalidade de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021). Cada lote en que se divide o obxecto do concerto será asignado a unha única entidade, que deberá optar a todas as prazas ofertadas.

D) Réxime económico do acordo.

D.1. Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Xuventude financiará o custo derivado da execución do presente concerto cunha contía máxima de 21.593.502,49 € (IVE incluído) no período 2023 (5 mensualidades) – 2026. Este importe será financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.228, que figura na Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, na cal existe crédito adecuado e suficiente.

D.2. Distribución en anualidades (IVE incluído):

Lote

nº de prazas

2023 (5 meses)

2024

2025

2026

1

8

102.113,26 €

247.858,30 €

251.380,11 €

251.380,11 €

2

10

140.843,29 €

342.437,88 €

347.758,02 €

347.758,02 €

3

10

143.367,79 €

348.476,88 €

353.780,52 €

353.780,52 €

4

10

143.367,79 €

348.476,88 €

353.780,52 €

353.780,52 €

5

10

143.367,79 €

348.476,88 €

353.780,52 €

353.780,52 €

6

13

155.915,37 €

378.488,43 €

383.714,28 €

383.714,28 €

7

15

176.293,16 €

427.902,76 €

433.704,42 €

433.704,42 €

8

15

176.293,16 €

427.902,76 €

433.704,42 €

433.704,42 €

9

16

186.996,83 €

453.873,29 €

459.993,41 €

459.993,41 €

10

20

241.098,48 €

585.438,26 €

593.819,61 €

593.819,61 €

11

25

303.200,11 €

736.355,89 €

746.839,10 €

746.839,10 €

12

26

315.217,11 €

765.098,25 €

775.507,12 €

775.507,12 €

13

30

356.982,49 €

866.342,50 €

877.896,40 €

877.896,40 €

O valor estimado para as anualidades comprendidas entre 2023 (5 mensualidades) e 2026, así como as posibles modificacións e prórrogas, é o seguinte:

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles

modificacións (50 %)

Total + modificacións

2023 (153 días)

2.350.051,48 €

1.175.025,74 €

3.525.077,22 €

2024

5.706.480,86 €

2.853.240,43 €

8.559.721,29 €

2025

5.786.962,24 €

2.893.481,12 €

8.680.443,36 €

2026

5.786.962,24 €

2.893.481,12 €

8.680.443,36 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas
(50 %)

Total prórrogas +
modificacións

2027

5.786.962,24 €

2.893.481,12 €

8.680.443,36 €

2028

5.786.962,24 €

2.893.481,12 €

8.680.443,36 €

2029

5.786.962,24 €

2.893.481,12 €

8.680.443,36 €

2030

5.786.962,24 €

2.893.481,12 €

8.680.443,36 €

2031

5.786.962,24 €

2.893.481,12 €

8.680.443,36 €

2032

5.786.962,24 €

2.893.481,12 €

8.680.443,36 €

2033

3.361.194,51 €

1.680.597,25 €

5.041.791,76 €

Total valor estimado

86.570.137,14 €

D.3. Prezo.

O prezo que a Consellería de Política Social e Xuventude aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto concrétase para cada lote segundo o seguinte prezo por praza e día (o importe total anual inclúe o complemento de transporte de 1,5 € fóra das sete cidades):

Lote

Nº de NNA

Anualidade

Praza NNA/día (sen IVE)

Praza NNA/día (con IVE)

 

Lote

Nº de NNA

Anualidade

Praza NNA/día (sen IVE)

Praza NNA/día (con IVE)

1

8

2023

75,84 €

83,43 €

8

15

2023

69,83 €

76,82 €

2024

76,96 €

84,65 €

2024

70,86 €

77,94 €

2025

78,26 €

86,09 €

2025

72,01 €

79,22 €

2026

78,26 €

86,09 €

2026

72,01 €

79,22 €

2

10

2023

83,69 €

92,05 €

9

16

2023

69,44 €

76,39 €

2024

85,06 €

93,56 €

2024

70,46 €

77,51 €

2025

86,61 €

95,28 €

2025

71,61 €

78,77 €

2026

86,61 €

95,28 €

2026

71,61 €

78,77 €

3

10

2023

85,19 €

93,70 €

10

20

2023

71,63 €

78,79 €

2024

86,56 €

95,21 €

2024

72,71 €

79,98 €

2025

88,11 €

96,93 €

2025

73,95 €

81,35 €

2026

88,11 €

96,93 €

2026

73,95 €

81,35 €

4

10

2023

85,19 €

93,70 €

11

25

2023

72,06 €

79,27 €

2024

86,56 €

95,21 €

2024

73,16 €

80,48 €

2025

88,11 €

96,93 €

2025

74,40 €

81,85 €

2026

88,11 €

96,93 €

2026

74,40 €

81,85 €

5

10

2023

85,19 €

93,70 €

12

26

2023

72,04 €

79,24 €

2024

86,56 €

95,21 €

2024

73,09 €

80,40 €

2025

88,11 €

96,93 €

2025

74,29 €

81,72 €

2026

88,11 €

96,93 €

2026

74,29 €

81,72 €

6

13

2023

71,26 €

78,39 €

13

30

2023

70,70 €

77,77 €

2024

72,32 €

79,55 €

2024

71,73 €

78,90 €

2025

73,52 €

80,87 €

2025

72,88 €

80,17 €

2026

73,52 €

80,87 €

2026

72,88 €

80,17 €

7

15

2023

69,83 €

76,82 €

2024

70,86 €

77,94 €

2025

72,01 €

79,22 €

2026

72,01 €

79,22 €

A contía indicada na táboa anterior será a aboada en caso de que a praza estea ocupada por unha persoa usuaria. En caso de non estar ocupada unha praza, a reserva de praza aboarase ao 70 % do prezo indicado.

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social terá vixencia desde a súa formalización (prevista desde o 1.8.2023) ata o 31.12.2026, con posibilidade das prórrogas sinaladas no artigo 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en caso de existir crédito adecuado e suficiente. En concreto, de acordo co dito precepto, existe a posibilidade de prorrogar o concerto desde o 1.1.2027 ata o 31.7.2033.

De acordo co dito precepto, coa finalidade de garantir a estabilidade na súa provisión, despois da resolución deste concerto social, o programa poderá continuar tras a convocatoria dun novo concerto, sempre e cando exista crédito adecuado e suficiente.

Non obstante, e de acordo co sinalado no artigo 29.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que resulta de aplicación supletoria ao abeiro do establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, cando ao vencer un concerto non se formalice o novo instrumento que garanta a continuidade do servizo como consecuencia de incidencias imprevisibles para la Administración concertante producidas no procedemento de adxudicación, e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o concerto orixinario ata que comece a execución do novo concerto e, en todo caso, por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do concerto, sempre que a nova resolución de convocatoria do concerto sexa publicada cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do concerto orixinario.

F) Requisitos que deben cumprir as entidades para poder presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 150.000 euros.

O volume anual de negocios da entidade acreditarase por medio de copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade está inscrita no dito rexistro. En caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrita. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata o fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior a 150.000 euros anuais.

A súa acreditación efectuarase por medio:

1. Dunha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

b.2) Solvencia técnica ou profesional:

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite cando menos un dos seguintes requisitos:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a fin do prazo de presentación de proposicións), cuxos importes acumulados no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custo do/dos lote/s do concerto social a que se opte, segundo o seguinte cadro:

Nº lote

Nº de prazas

Concello

Provincia

Importe medio anual (sen IVE)

1

8

Monforte de Lemos

Lugo

193.802,68 €

2

10

Santiago de Compostela

A Coruña

267.908,46 €

3

10

Ponteareas

Pontevedra

272.592,21 €

4

10

O Barco de Valdeorras

Ourense

272.592,21 €

5

10

Verín

Ourense

272.592,21 €

6

13

Ourense

Ourense

295.870,99 €

7

15

Lugo

Lugo

334.455,63 €

8

15

Vigo

Pontevedra

334.455,63 €

9

16

Vigo

Pontevedra

354.740,21 €

10

20

Vigo

Pontevedra

457.767,26 €

11

25

Vigo

Pontevedra

575.735,05 €

12

26

Arteixo

A Coruña

598.029,45 €

13

30

Burela

Lugo

677.072,22 €

A súa acreditación efectuarase por medio dunha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador en que figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto nos últimos tres anos computados ata a data de fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.

Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

Se o destinatario é unha entidade do sector público, copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente.

– Se o destinatario é un suxeito privado, unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, na falta de certificación, unha declaración responsable da entidade que declare que realizou o traballo ou servicio a satisfacción daquel, acompañada dos documentos que figuren no seu poder, que acrediten a realización da prestación.

– Polo menos, que a persoa que exerza de director/a e outro membro do equipo técnico contan, respectivamente, en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que pola súa vez, prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Acreditación da titularidade do centro ou dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do local onde está o centro e/ou se prestan os servizos.

h) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

G.1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo II).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

G.2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

G.3. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

H) Documentación complementaria.

H.1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo V da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento «pendente de contratación». No caso de que se manteña o persoal subrogado, indicarase o número de orde que figure na táboa de subrogación que figura para cada lote no anexo VII.

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de intervención educativa, diferenciado nas seguintes epígrafes:

– Proxecto educativo do centro.

– Itinerario de intervención educativa.

– Regulamento de organización, funcionamento e convivencia.

– Plan de formación continua do persoal.

e.2) Descrición das instalacións en que se levará a cabo o servizo. Para cada unha das instalacións ofertadas achegaranse as informacións e documentos seguintes:

– Situación xeográfica, coa súa localización en plano.

– Descrición clara das súas condicións físicas e arquitectónicas, á cal se xuntarán planos de planta e fotografías, tanto do exterior como dos espazos interiores, e sinalará para cada un destes o número de metros cadrados útiles e os usos correspondentes.

– Descrición do equipamento e recursos materiais con que conta.

e.3) Documentación que acredite a posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.4) Declaración responsable ou documentación que acredite a continuidade na atención prestada no ámbito á protección á infancia e adolescencia e implantación na localidade onde se presta o servizo. No caso de que os servizos se refiran a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, a Comisión de Valoración comprobará de oficio os datos incluídos na declaración.

e.5) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable que será comprobada de oficio pola Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Acreditación da titularidade do centro ou dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do local onde está o centro e/ou se prestan os servizos.

h) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

i) Documentación que acredite os anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta, cando non fosen financiados pola Consellería de Política Social e Xuventude.

H.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

H.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

I.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE do representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa empregada.

d) Inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Comprobación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

f) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

h) Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Titulación universitaria, de ser o caso, do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

j) Anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta, cando fosen financiados pola Consellería de Política Social e Xuventude.

I.2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

I.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

J) Órganos competentes para a tramitación e resolución do procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.

A resolución correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.

K) Procedemento do concerto social.

K.1. Instrución.

K.1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación, seleccionando a entidade prestadora do servizo en cada un dos lotes, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

K.1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento, que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e achegaron a documentación preceptiva.

K.2. Informe da Comisión de Valoración.

K.2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Xuventude.

K.2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe no cal figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas, en que se propoña para a execución do concerto a entidade que reúna maior puntuación en cada lote.

K.3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria.

Unha vez aceptada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar a seguinte documentación:

– Anexo III.

– Anexo V. Relación de persoal adscrito ao servizo, en que se detallen os datos que non se achegaron coa solicitude, de ser o caso.

– Anexo VI. Consentimento individualizado da comprobación de datos asinado por cada empregado/a da entidade adxudicataria.

– Documentación que acredite os servizos prestados no ámbito da protección á infancia e á adolescencia no concello onde se presta o servizo.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición dos seguros que se mencionan a seguir:

A entidade adxudicataria virá obrigada á constitución dunha póliza de seguros para a cobertura dos seguintes riscos:

1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, bens, aparellos e materiais afectos ao servizo.

2. De responsabilidade civil que cubra:

– Os danos que poida sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento dos locais da entidade adxudicataria con que conta o programa.

– Os danos que poidan ser causados ás persoas e aos bens de terceiros polos profesionais e, en xeral, por calquera persoa dependente da entidade adxudicataria, incluídos os actos derivados de actividades realizadas relacionadas coa prestación do servizo.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000 € por sinistro e 300.000 € por anualidade.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización, e cada vez que se renove a póliza.

– O xustificante de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe no punto S.2 desta resolución.

K.4. Formalización do concerto.

K.4.1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo, co contido establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

K.4.2. O documento de formalización será subscrito, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en virtude da delegación recollida no artigo 19.2 do citado Decreto 229/2020.

K.4.3. O concerto perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

K.4.4. Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

K.4.5. Cando por causas imputables á entidade concertada non se formalizase o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de terse constituído.

K.4.6. Se as causas da non formalización fosen imputables á Administración, indemnizarase a entidade polos danos e perdas que a demora lle poida ocasionar.

L) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

M) Prazo de resolución, notificación e publicación.

M.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

M.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

M.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

M.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.6. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

M.7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.

M.8. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

N) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como pola Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que poidan presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Xuventude e os seus acordos porán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución é expresa. Se o acto non é expreso, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este é expreso. Se non o é, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O) Criterios de selección e preferencia.

O.1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, darase prioridade ás entidades sen ánimo de lucro, cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.

Deste xeito, a consideración de entidade sen ánimo de lucro inclúese entre os criterios de desempate.

O.2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

a) Calidade do proxecto de intervención educativa (40 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

a.1) Proxecto educativo do centro (ata 15 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre as necesidades das persoas menores atendidas e os obxectivos, contidos, metodoloxía, actividades, recursos e avaliación propostos, ata 13 puntos.

– Calidade do sistema de avaliación da intervención proposto, ata 2 puntos.

a.2) Itinerario de intervención educativa (ata 14 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre as necesidades da persoa menor e a planificación da intervención educativa. Priorización dos obxectivos, áreas de intervención, metodoloxías, actividades e avaliación que garantan ao menor un tratamento individualizado e permanentemente revisable, ata 12 puntos.

– Calidade do sistema de avaliación proposto (avaliación do menor, da intervención educativa e da institución), ata 2 puntos.

a.3) Regulamento de organización, funcionamento e convivencia (ata 6 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre a organización, normas de funcionamento e convivencia cos principios e criterios contidos no modelo de intervención adoptado, no proxecto educativo e no itinerario de intervención educativa, ata 4 puntos.

– Grao de participación dos/das mozos/as, nos órganos de goberno e no funcionamento interno do centro, ata 2 puntos.

a.4) Plan de formación continua do persoal (ata 5 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Adecuación do plan de formación continua ás características do servizo e ao proxecto de intervención educativa (ata 3 puntos).

– Obxectivos, contidos, metodoloxía e temporalización das actividades (ata 1 punto).

– Adecuación aos destinatarios e dos perfís profesionais do persoal formador (ata 1 punto).

b) Instalacións en que se levará a cabo o servizo: ata 20 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

b.1) Proximidade e dispoñibilidade de transporte colectivo para os traslados ás instalacións e servizos educativos, sanitarios, deportivos ou de lecer, que vaian ser empregados polas persoas usuarias, ata 5 puntos.

b.2) Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade (teranse en conta informes técnicos, fotografías...), ata 10 puntos.

b.3) Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos do equipamento aos perfís dos usuarios do servizo e ás actividades que se vaian prestar (tomando como referencia o establecido no Decreto 329/2005) tendo en conta a posibilidade de adaptar o equipamento para dar resposta a unha maior ocupación ante situacións de ingresos urxentes, ata 5 puntos.

c) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade, ata 10 puntos:

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, e corresponsabilidade, que se apliquen na execución deste concerto do seguinte xeito:

c.1) Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade ou equivalente (4 puntos).

c.2) Estar en posesión do Certificado de empresa familiarmente responsable ou equivalente (4 puntos).

c.3) Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou equivalente (2 puntos).

d) Continuidade na atención prestada e implantación na localidade onde se presta o servizo, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano que a entidade solicitante veña desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta.

e) Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano por encima do requisito mínimo para optar ao concerto (dous anos).

Empregarase como primeiro criterio de desempate a preferencia das entidades sen ánimo de lucro fronte ao resto de entidades prestadoras de servizos sociais. Como segundo, un número de integrantes do cadro de persoal superior ao 2 % nos termos do artigo 147.1.a) e o Acordo do Consello da Xunta, do 8 de abril de 2010, así como o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias empresas estean nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto o licitador que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.

P) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

P.1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal funcionario que a seguir se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Subdirectora xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Subdirector xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Xefe do Servizo de Protección de Menores

Xefa do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

Pedagogo/a (SPM)

Pedagogo/a (SPM)

Traballador/a social (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Secretaría

Xefe da Sección de Contratación

Xefa da Sección de Tramitación Administrativa

P.2. Na organización e funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

P.3. O órgano instrutor, a través da Comisión de Valoración poderá solicitarlles aos interesados cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisos para a adecuada resolución do procedemento e, en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución, entre os que se incluirá, en todo caso, un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común da administracións públicas.

P.4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución.

Q) Condicións técnicas e materiais da prestación obxecto do concerto social.

Q.1. Definición do servizo.

A intervención que levará a cabo a entidade adxudicataria cos nenos, nenas e adolescentes destinatarios do servizo abranguerá as ordes de coidado e atención persoal, educativa, formativa, laboral, familiar e social, que permitan o desenvolvemento integral da súa persoalidade e a súa educación, procurándolles un medio socializador que permita o seu desenvolvemento humano, físico e social, á vez que se intervén para a mellora do ambiente familiar.

Q.1.1. O servizo concrétase nas seguintes prestacións:

Q.1.1.1. Intervención socioeducativa:

O equipo educativo do centro prestaralles ás persoas usuarias unha intervención socioeducativa persoalizada de acordo cos obxectivos recollidos no plan individualizado de protección e no proxecto educativo individualizado da persoa usuaria, de acordo coa redacción actual do artigo 21.b) da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil.

A intervención terá como obxectivo a mellora dos factores, circunstancias e condicións persoais, familiares e sociais da persoa usuaria coa finalidade de promover o seu desenvolvemento autónomo e a súa integración social.

Abordarase dunha forma integral, que abarcará as áreas de desenvolvemento persoal e de integración social, e incorporará a perspectiva de xénero, sempre baixo o marco establecido no antedito plan individualizado de protección e comprenderá os seguintes procesos e contidos:

• Procesos.

Valoración inicial e multidisciplinar que comprenda a observación, o diagnóstico e a orientación co obxecto de identificar as necesidades individuais das nenas, nenos e adolescentes, establecer os obxectivos da intervención e determinar os medios máis axeitados para acadalos, atendendo especificamente aos conflitos psicolóxicos e sociais da persoa usuaria que impidan ou obstaculicen a estruturación da súa persoalidade, o seu proceso madurativo ou a súa capacidade de socialización.

Elaboración, execución, seguimento e avaliación da intervención individual, que conforman o proxecto educativo individualizado (PEI), facendo mención aos ámbitos de desenvolvemento (físico, cognitivo-intelectual, afectivo-emocional e de persoalidade e actitudes) e aos contextos en que se producen (familiar, escolar, formativo-laboral, lecer e residencial).

O seguimento evolutivo da nena, neno ou adolescente e das súas circunstancias persoais, familiares e sociais, co obxecto de actualizar e modificar periodicamente os obxectivos da intervención ou, se é o caso, propoñer a finalización desta.

• Contidos.

Como contidos da intervención socioeducativa teranse en conta, entre outros, a formación en valores e, en particular, a educación para a igualdade, a educación para a saúde, incluíndo a prevención de consumos e condutas de risco, as habilidades sociais e comunicativas, a educación afectivo-sexual. Cando sexa preciso pola súa idade, tamén se proporcionará educación para a autonomía.

Incluirase a atención personalizada coa familia da persoa usuaria (familia de orixe ou, se é o caso, a familia acolledora ou adoptiva) -agás que se prevexa o contrario no plan de protección individual-, dirixido a propiciar o desenvolvemento de relacións materno/paterno-filiais axeitadas e o fortalecemento dos vínculos familiares positivos tendo en conta as circunstancias familiares. Todo isto co fin de proporcionarlle acompañamento, apoio e/ou intervención propiamente dita que teña como obxectivo a mellora das pautas de crianza e de atención adaptadas a cada situación concreta, así como de promover e optimizar todos os recursos protectores da familia, xerando os cambios precisos para que esta poida garantir o desenvolvemento integral das persoas usuarias e a cobertura das súas necesidades nun contexto seguro.

En particular, favorecerase o contacto coa familia, nas condicións establecidas na medida de protección adoptada co fin de promover o fortalecemento dos vínculos familiares. Así mesmo, establecerase un seguimento evolutivo da persoa usuaria e das súas circunstancias persoais, familiares e sociais, co obxecto de actualizar periodicamente os obxectivos da intervención ou, se é o caso, propoñer a finalización desta.

Q.1.1.2. Aloxamento.

A entidade ou entidades adxudicatarias estarán en disposición de prestar réxime de atención de día integral durante todo o ano, incluíndo fins de semana e vacacións, en horario de atención mínimo de 8 da mañá a 8 da tarde.

As estancias e o equipamento existente nos espazos compartidos deberán manterse nun estado de limpeza e conservación que garantan o seu uso en condicións de seguridade, salubridade e confortabilidade.

Deberán proporcionárselles ás persoas usuarias os medios materiais necesarios para gozar dos espazos compartidos (comedores, aula de informática, bibliotecas, mesas de estudo, espazos de ocio e tempo de lecer, etc.) en adecuadas condicións de conservación e hixiene.

Q.1.1.3. Manutención.

Deberá estar en disposición de subministrarlles ás persoas usuarias unha pensión alimenticia completa que estará composta por almorzo, comida, merenda e cea. A subministración efectiva destes alimentos estará condicionada ao establecido no plan individualizado de intervención e no proxecto educativo individual.

Os menús serán supervisados por un facultativo e deberase garantir o adecuado equilibrio nutricional acorde coas circunstancias persoais e da súa idade.

Deberán atenderse as especificidades de alimentación daquelas persoas con necesidades especiais (derivadas de alerxias ou intolerancias, de circunstancias de saúde, de imperativos culturais, relixiosos, etc.).

Q.1.1.4. Vestido e hixiene.

A entidade adxudicataria deberá estar en disposición de proporcionarlles ás persoas usuarias o vestido e calzado que precisen. Cada neno, nena ou adolescente disporá como mínimo de cinco mudas de roupa e tres pares de calzado, así como roupa interior e accesorios suficientes, axeitados á súa idade, ás condicións atmosféricas e ás actividades en que participe, en condicións de limpeza e hixiene, e que preserven a dignidade da persoa en todo momento. En calquera caso, proporcionarase o vestido e accesorios que se determine en función do plan individualizado de intervención e o proxecto educativo individual.

Serán propiedade da nena, neno ou adolescente e, polo tanto, en caso de causar baixa por terminar a medida de protección, maioría de idade, traslado de centro ou emancipación, seranlles entregadas.

Así mesmo, proporcionaránselles os útiles necesarios para o seu aseo e coidado persoal.

Q.1.1.5. Atención persoal.

Prestaráselles ás persoas usuarias, en función da súa idade e capacidade, axuda parcial ou total para a realización das actividades básicas da vida diaria, nomeadamente aquelas destinadas á satisfacción das necesidades vinculadas ao coidado persoal (descanso, vestido, aseo persoal, alimentación, mobilidade e locomoción). O desenvolvemento desta prestación incluirá o adestramento nas habilidades necesarias para realizalas, fomentando o máximo grao posible de independencia e autonomía persoal, de modo progresivo e en función da súa idade.

Q.1.1.6. Atención á saúde.

O persoal do centro levará a cabo a observación da persoa usuaria para obter a información precisa sobre as características xerais relacionadas coa súa saúde e detectar signos de posibles alteracións desta.

A través do Servizo Galego de Saúde desenvolveranse as actuacións de medicina preventiva e asistencial que lle poidan corresponder á persoa usuaria. Así mesmo, prestaráselles avaliación e tratamento psicolóxico e psiquiátrico ás persoas usuarias que así o necesiten.

As persoas menores de idade, así como as maiores se así o solicitan, deberán ser acompañadas por un responsable do centro, ou da entidade (preferentemente o seu educador titor) aos servizos de asistencia sanitaria, tanto en caso de urxente necesidade, como naqueles concertados con cita previa.

Prestaráselles asistencia ás persoas usuarias na subministración de medicinas de acordo coa prescrición médica e coas instrucións establecidas e, en todo caso, supervisarase sempre a súa administración.

Correspóndelle á entidade adxudicataria xestionar o traslado aos centros sanitarios cando a persoa usuaria precise atención hospitalaria, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a súa atención e coidado durante os períodos en que permaneza hospitalizada. En situación de tutela ou garda compartirase a responsabilidade de atención á saúde, de considerarse conveniente, cos titulares da patria potestade. En calquera caso, atenderanse as indicacións establecidas no plan individualizado de intervención e no proxecto educativo individual.

Q.1.1.7. Atención escolar/formativa.

A entidade adxudicataria deberá realizar as xestións necesarias para a escolarización efectiva das persoas usuarias, tanto na etapa de educación obrigatoria como nas etapas posteriores, atendendo ás capacidades, motivacións e intereses do/da adolescente.

Esta obriga comprende a dotación do material necesario, sen prexuízo da posibilidade de acceso ás axudas para a adquisición de libros que, de ser o caso, se establezan.

Así mesmo, é obriga da entidade proporcionarlle á persoa usuaria o seguimento e apoio nas tarefas escolares e educativas que realice e, se é o caso, reforzo escolar externo.

Favorecerase o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desde un punto de vista educativo seguro e segundo a idade das persoas usuarias.

No caso de nenos, nenas ou adolescentes estranxeiros/as, potenciarase a aprendizaxe dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Q.1.1.8. Inserción sociolaboral.

Propiciarase a participación das e dos adolescentes con 16 anos feitos, cuxo plan individualizado de protección considere pertinente, en procesos e programas de inserción sociolaboral, ben favorecendo a súa participación en programas específicos con esta finalidade ou ben, cando isto non sexa posible ou o equipo técnico do menor non o considere adecuado, orientándoos a actividades formativas de tipo prelaboral e proporcionándolles formación en habilidades básicas que favorezan a súa integración en ámbitos laborais.

Q.1.1.9. Lecer e tempo libre.

O equipo educativo planificará e fomentará actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo desde unha perspectiva educativa, que favorezan o desenvolvemento persoal e social das persoas usuarias, propiciando a súa participación e a socialización en ambientes normalizados.

Q.1.1.10. Traslados.

A entidade adxudicataria garantirá, ben sexa a través de medios propios ou mediante a utilización de medios públicos de transporte, o axeitado desprazamento das persoas usuarias ao domicilio familiar, ao centro educativo ou de traballo, aos centros sanitarios, á sede de órganos administrativos ou xudiciais e a cantas actividades deba realizar fóra do centro. Así mesmo, garantirá o acompañamento da persoa usuaria por parte de profesionais responsables, cando as características individuais daquela así o fagan preciso.

Q.1.1.11. Xestión de trámites e documentos persoais.

A entidade adxudicataria deberá garantir a realización daquelas xestións de carácter administrativo precisas para a obtención da documentación persoal do neno, nena ou adolescente, a documentación sanitaria, escolar, laboral, etc.; necesaria para o cumprimento de obrigas legais e xudiciais, así como para o acceso aos servizos e prestacións a que teña dereito.

Q.2. Poboación atendida polo servizo.

Poderán ser atendidos por este servizo aqueles nenos, nenas e adolescentes que conten con medida de protección á infancia ou adolescencia e para os cales a xefatura territorial correspondente asigne este recurso por responder ao seu interese superior.

De acordo co disposto no artigo 37 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, poderán ser beneficiarios do programa de acollemento residencial, así mesmo, as persoas maiores de idade cando fosen obxecto dunha medida de protección antes de acadar a condición referida.

Tamén poderán ser destinatarios do programa de acollemento residencial as persoas que cumpran unha medida de convivencia con familia ou grupo educativo, imposta ao abeiro da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Q.3. Contidos do programa.

Q.3.1. Por parte da Consellería de Política Social e Xuventude.

De conformidade coas súas competencias, correspóndelles ás persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude o seguinte:

• Ditar a resolución de acollemento en réxime de atención de día integral das persoas usuarias por proposta do equipo técnico do menor, que deberá ter en conta as necesidades do neno, nena ou adolescente e as características das prazas do centro de acollida.

• Se é o caso, establecer o réxime de visitas e saídas da persoa usuaria en función do plan individualizado de protección, e emitir autorización sobre a súa mobilidade con ocasión destas, logo de petición da dirección do centro e informe do equipo técnico do menor que lle corresponda.

• Ditar a resolución de traslado da persoa usuaria a outro centro, logo da proposta do equipo técnico do menor e, se é o caso, de autorización da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

• Ditar a resolución de finalización do acollemento en réxime de atención de día integral, por proposta do equipo técnico do menor, que oirá previamente a entidade acerca da conveniencia desta medida para o neno, nena ou adolescente.

Esta resolución fundamentarase na superación ou desaparición das causas que motivaron o ingreso, na emancipación do mozo ou moza ou na adopción dunha medida alternativa máis axeitada.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica ou ás unidades dela dependentes:

• Ditar as instrucións e desenvolver os protocolos de actuación xeral nos centros de atención a nenos, nenas ou adolescentes con medida de protección.

• Autorizar a ocupación de prazas por riba das concertadas, de forma temporal e en situacións excepcionais, segundo se establece na cláusula Q.3.3 desta resolución.

• Autorizar o ingreso dun neno, nena ou adolescente nun centro situado nunha provincia distinta á que corresponde ao equipo técnico que realiza a proposta.

• Autorizar o pagamento de gastos extraordinarios que excedan as obrigas que lles corresponden aos centros en aplicación dos pregos que rexen esta concertación ou a normativa vixente.

• Autorizar a realización de estudos ou investigacións relativas a persoas usuarias do centro ou ao funcionamento deste, cando se considere que pode redundar en interese daquelas e/ou na mellora da práctica institucional, e garantindo, en todo caso, a confidencialidade dos datos persoais das persoas usuarias.

Correspóndelles aos equipos técnicos do menor da xefatura territorial correspondente:

• Remitirlle ao centro o plan individualizado de intervención do neno, nena ou adolescente, no cal se definan os obxectivos de traballo en función das necesidades e circunstancias daquel e da súa familia, de forma que oriente o equipo educativo na planificación da súa intervención educativa.

• Planificar xunto coas persoas responsables do centro tanto o ingreso como a saída das persoas usuarias, agás que razóns excepcionais aconsellen o ingreso ou saída urxente.

• Levar a cabo o seguimento da intervención educativa realizada polo centro.

• Transmitirlle ao centro toda aquela información relevante para que a intervención educativa poida orientarse á satisfacción das necesidades do neno, nena ou adolescente en función das súas circunstancias.

• Coordinar o traballo coas familias, o centro e os nenos, nenas ou adolescentes que estean acudindo aos programas deseñados para eles.

Correspóndelle á unidade que teña atribuída esta competencia inspeccionar o traballo realizado e a súa adecuación a este concerto por medio do persoal inspector da propia Consellería de Política Social e Xuventude.

Q.3.2. Por parte da entidade adxudicataria do servizo.

Ademais das obrigas indicadas na resolución de convocatoria deste concerto, a entidade adxudicataria deberá:

• Aceptar os ingresos ordenados pola xefatura territorial correspondente ou pola Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, sempre que exista praza vacante ou, no caso de sobreocupación, que exista dispoñibilidade de medios persoais e materiais para a axeitada atención do neno, nena ou adolescente nas condicións estipuladas no prego técnico e nesta resolución de convocatoria deste concerto social.

• Desenvolver a súa intervención en interese do neno, nena ou adolescente e de conformidade co establecido na normativa reguladora da protección á infancia.

• De acordo co disposto na Orde da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, do 1 de agosto de 1996, pola que se regulan os contidos mínimos do Regulamento de réxime interior e o proxecto educativo dos centros de atención a nenos, nenas ou adolescentes con medidas de protección e cos protocolos vixentes de funcionamento dos ditos centros, organizar a actividade do/dos centro/s de acordo cos seguintes instrumentos:

– Proxecto educativo do/dos centro/s, no cal se especificarán os obxectivos de actuación en cada área de atención e as condicións ou medidas que deben cumprirse no centro para a consecución dos obxectivos que se mencionen. Reflectirá a súa organización e delimitará a súa intervención.

– Regulamento de organización e funcionamento e convivencia, que deberá contar como mínimo con normas de funcionamento, dereitos e deberes dos usuarios e das usuarias e órganos de representación e participación. Proporcionaráselles unha copia ao neno, nena ou adolescente e á súa familia.

– Programación anual de actividades, que ten por obxecto estruturar e sistematizar as previsións de actuacións ao longo do ano.

– Memoria anual, na cal se sinteticen e avalíen as actividades levadas a cabo no/nos centro/s no período anterior.

• Promover no/nos centro/s un ambiente familiar e coas condicións axeitadas para a intervención socieducativa e o normal desenvolvemento das persoas usuarias.

• Utilizar os recursos sociais normalizados: educación, sanidade, lecer e outros necesarios para a cobertura das necesidades das persoas usuarias, que contribúan a unha maior integración social destas.

• Favorecer o traballo en rede a través da coordinación entre os distintos recursos e profesionais que interveñan co neno, nena ou adolescente ou coa súa familia de cara á consecución dun traballo integrado en relación con aquel.

• Elaborar e remitirlle ao equipo técnico do menor toda a documentación necesaria para o seguimento da intervención coa persoa usuaria e, en particular:

– Un informe de valoración inicial do neno, nena ou adolescente logo da súa entrada no centro e segundo o prazo establecido nos protocolos de acollemento residencial.

– O proxecto educativo individualizado, no cal, partindo da avaliación inicial das necesidades do neno, nena ou adolescente e de acordo coa finalidade do plan individualizado de intervención, se concreten os obxectivos prioritarios do traballo e a súa programación formal, cos recursos previstos, a metodoloxía, as actividade se a súa temporalización, que será revisado semestralmente en caso de nenos, nenas ou adolescentes de máis de seis anos, e trimestralmente en caso de nenos ou nenas de menos de tres anos.

– Os informes periódicos de seguimento do proxecto educativo individualizado, diferenciando por idades, segundo o prazo establecido nos protocolos de acollemento residencial e, cando menos, cada seis meses.

– O informe final que recolla as intervencións realizadas e o grao de cumprimento dos obxectivos, no momento da saída da persoa usuaria do centro.

• Remitir nun prazo non superior a 48 horas calquera información que lle sexa solicitada polos servizos competentes en materia de protección á infancia e á adolescencia.

• Comunicarlle ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da xefatura territorial que corresponda calquera incidente grave de tipo xudicial, sanitario e de calquera outra índole que poida ser relevante no seguimento e intervención co neno, nena ou adolescente ou a súa familia, por correo electrónico nun prazo non superior a 48 horas.

• Formalizar denuncia ante os corpos e forzas de seguridade en caso de desaparición ou non retorno dunha persoa ao centro, no prazo máis breve posible atendendo á idade, madurez e circunstancias persoais e sociais da persoa usuaria, sen prexuízo da inmediata comunicación ao equipo técnico do menor e á xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude.

• Aceptar, logo de autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, alumnado universitario en prácticas das carreiras que teñan relación co obxecto do servizo, sempre que o número ou as condicións da súa realización non interfiran na dinámica de traballo.

• Aceptar, logo de autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a realización de estudos ou investigacións relativas ás persoas usuarias do centro ou ao funcionamento deste, sen prexuízo do dereito a que non se divulguen os datos ou documentos que a entidade considere que deben ser confidenciais.

• Incorporar e empregar as aplicacións informáticas que, se é o caso, facilite a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para o tratamento e xestión da información relativa ás persoas usuarias.

• Os centros terán unha organización flexible, que permita atender as necesidades das persoas usuarias e incorpore na súa estrutura os cambios necesarios para manter actualizado o proxecto educativo do centro.

Q.3.3. Situacións excepcionais.

• Atención urxente: en casos excepcionais derivados de circunstancias sociofamiliares graves, que requiran unha atención inmediata do neno, nena ou adolescente, cando non sexa posible o seu ingreso nos centros previamente determinados para estas circunstancias, a xefatura territorial ou a Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia poderán acordar un ingreso con carácter urxente, efectuándose con posterioridade, á maior brevidade, a formalización deste e a remisión da documentación e informes necesarios.

• Sobreocupación provisional de prazas: a Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia poderá autorizar, de xeito excepcional, un ingreso que supoña sobreocupación respecto das prazas concertadas en calquera das tipoloxías contratadas, sempre que se garanta a dispoñibilidade de medios persoais e materiais para a axeitada atención do neno, nena ou adolescente. A sobreocupación non poderá ser superior a 3 meses, agás causas que o xustifiquen, logo de informe do equipo técnico do menor.

Q.4. Medios para a prestación do servizo.

Q.4.1. Equipamento.

Para prestar o servizo a entidade adxudicataria achegará un equipamento residencial coa capacidade de aloxamento e coas instalacións precisas para desenvolver as prestacións correspondentes á tipoloxía das prazas ofertadas.

O dito equipamento deberá cumprir as condicións e requisitos establecidos na normativa vixente que regula os centros de menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en particular no artigo 19 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia (DOG núm. 156, do 16 de agosto).

Os centros deberán contar, no prazo de presentación de proposicións, coa autorización de inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia (DOG núm. 14, do 20 de xaneiro de 2012).

Os centros deberán estar dotados de todos os elementos necesarios para atender adecuadamente as persoas usuarias. Deberán dispoñer de mobiliario, utensilios, aparellos e útiles apropiados para a vida diaria e que garantan a seguridade e benestar dos nenos, nenas ou adolescentes residentes. As estancias estarán acondicionadas para poder dar resposta ás diferentes circunstancias e idades das persoas usuarias que deban acoller.

A empresa ou entidade adxudicataria deberá manter as instalacións e edificios nas condicións de hixiene, ambientais e de seguridade precisas, conforme as disposicións legais vixentes.

Q.4.1.1. Tipoloxía do centro e das prazas.

Os centros onde se prestará o servizo de acollemento residencial en réxime de atención de día integral correspóndense coa tipoloxía de centro de día integral ou as unidades de atención de día integradas noutras tipoloxías de centro, de acordo co regulado no Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

Q.4.1.2. Outros recursos materiais.

Os medios materiais necesarios para o funcionamento do servizo serán de contribución da entidade adxudicataria.

A dita entidade contará polo menos cun equipo informático para a súa utilización por parte dos profesionais de cada unha das unidades en que se desenvolva o servizo, e cun equipo adicional por cada 3 prazas ofertadas ou fracción. Todos eles deberán dispoñer de conexión á internet, ben que os que vaian ser empregados polas persoas usuarias deberán contar coas medidas de control parental que impidan o acceso a contidos inadecuados para a súa idade.

Contará, así mesmo, coas aplicacións informáticas suficientes para axilizar a elaboración de informes, programacións e memorias, e garantir o funcionamento áxil e coordinado con outros profesionais.

A entidade adxudicataria asumirá todos os gastos que orixine a atención integral das persoas usuarias nos termos establecidos nesta resolución e no prego técnico.

Non obstante, os gastos extraordinarios que excedan as obrigas que corresponden aos responsables da garda dos nenos, nenas ou adolescentes poderán ser asumidos polo órgano competente en materia de protección á infancia e á adolescencia, logo da solicitude por parte do centro e de conformidade coas instrucións ditadas para este efecto.

Enténdese por gastos extraordinarios aqueles gastos para tratamentos especiais dos nenos, nenas ou adolescentes que sexan basicamente necesarios para o seu desenvolvemento integral e que non estean recollidos na cobertura do sistema sanitario público, en ningún dos programas específicos de atención xestionados polo sistema de protección á infancia e á adolescencia, nin poidan ser cubertos por outras vías normalizadas (subvencións, servizos públicos ou de asistencia gratuíta, etc.).

A título orientativo, enténdense incluídos os gastos debidamente xustificados de carácter médico, terapéutico, protésico, de atención odontolóxica, así como os de viaxes e os de xestión, asesoramento ou representación legal ou de acompañamento hospitalario; exclúese a adquisición de libros, material escolar ou informático, apoio extraescolar, etc., agás que se xustifique debidamente nas especiais características ou dificultades do neno, nena ou adolescente.

Con carácter xeral, entenderase que non son gastos extraordinarios e, polo tanto, deben ser atendidos dentro das obrigas xerais que lle corresponden ao centro, os gastos de contía inferior a 60 euros.

A entidade adxudicataria proporcionaralles ás persoas usuarias unha asignación económica para gastos de peto, axeitada á súa idade e características persoais e cunha función educativa.

Q.4.2. Medios persoais.

Q.4.2.1. Persoal mínimo exixido para a prestación do servizo.

Segundo o Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, o persoal mínimo exixido para a prestación do servizo, en función da tipoloxía de centro, é o seguinte:

Atención de día integral:

• Director/a. Esta función poderá recaer nunha das persoas que ocupe o posto de educador/a.

• Persoal educador social. As entidades deberán pór á disposición do servizo o persoal necesario para atender os nenos, nenas e adolescentes de acordo co estipulado no Decreto 329/2005, do 28 de xullo. Ademais, para garantir que as persoas usuarias reciban unha atención de calidade, as entidades deberán garantir, cando menos, as seguintes horas de persoal educador social cada ano por cada un dos lotes:

Lote

Nº de NNA

Nº horas anuais do persoal educador social

1

8

6.064,00

2

10

9.986,40

3

10

9.986,40

4

10

9.986,40

5

10

9.986,40

6

13

9.986,40

7

15

11.370,00

8

15

11.370,00

9

16

12.128,00

10

20

15.160,00

11

25

19.972,80

12

26

19.972,80

13

30

22.740,00

Estas horas están calculadas para cumprir a ratio mínima do dito Decreto 329/2005, ben que naqueles casos en que esta supoña unha dedicación inferior a 758 horas anuais de persoal educador social por cada praza, axustouse o cálculo a esta cantidade (lotes 1, 7, 8, 9, 10 e 13). Esta cantidade equivale á atención 0,15 educadores/as sociais por praza en cada quenda de traballo.

Sen prexuízo da antedita estimación horaria, a entidade adxudicataria deberá atender debidamente as necesarias substitucións de persoal en caso de baixa, vacacións, licenzas, etc., e deberá garantir en todo caso a ratio establecida no Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

Q.4.2.2. Características e funcións do persoal.

A. Dirección do centro.

A dirección do centro será exercida por unha persoa nomeada pola empresa/entidade adxudicataria, e deberá ter unha titulación universitaria media, superior ou de grao preferentemente nas áreas psicolóxica, pedagóxica ou socioeducativa.

As súas funcións, entre outras, serán as de:

1. Exercer a garda das persoas usuarias acollidas no centro en atención diúrna, cumprindo as instrucións, directrices e resolucións que o órgano xestor do concerto dite ao respecto.

2. Dirixir e coordinar os servizos e programas de actuación do centro e supervisar as tarefas do persoal vinculado ao servizo.

3. Planificar e supervisar a intervención educativa, de acordo co proxecto educativo do centro.

4. Asegurar o cumprimento da normativa vixente, das directrices e instrucións da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e das normas de funcionamento interno do centro.

5. Velar polo cumprimento dos dereitos das persoas usuarias e dos seus proxectos educativos individuais.

6. Informar as persoas usuarias e as súas familias, de forma comprensible e axeitada á súa idade e circunstancias, acerca do funcionamento do centro e dos seus dereitos e deberes.

7. Garantir o adecuado tratamento das queixas, reclamacións ou suxestións de mellora formuladas polas persoas usuarias do centro ou das súas familias.

8. Xestionar adecuadamente, en representación da empresa/entidade titular do centro, tanto os recursos económicos como os de persoal, co fin de proporcionar unha axeitada atención aos nenos, nenas ou adolescentes.

9. Establecer e manter canles de colaboración con outras entidades e organismos, perseguindo a optimización de recursos da contorna e a calidade da intervención.

10. Establecer a necesaria coordinación co equipo técnico do menor e, se é o caso, cos equipos e profesionais que xestionen outros programas en que estea incluída a persoa usuaria, para garantir a mellora da intervención.

11. Garantir a axeitada elaboración de toda a documentación pertinente e a súa remisión aos responsables dos distintos departamentos competentes na área de protección á infancia e á adolescencia da Xunta de Galicia.

12. Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais aos cales sexan convocados.

13. Asegurar a custodia e arquivamento de toda a documentación relativa ás persoas usuarias en condicións de seguridade, así como a súa destrución, cando proceda, en idénticas condicións.

14. Velar polo cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e demais disposicións vixentes sobre a materia.

15. Elaborar avaliacións periódicas do funcionamento do centro.

16. Calquera outra que veña establecida na normativa aplicable.

B. Persoal educador social.

O persoal educador social debe cumprir as disposicións establecidas para esta categoría no convenio colectivo de aplicación (en particular, aquelas referidas á titulación, habilitación ou réximes transitorios establecidos no IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores).

Este persoal será o encargado da atención directa ás persoas usuarias e estará dedicado á intervención no proceso socioeducativo cotián e á súa observación e avaliación.

As súas funcións, entre outras, serán as seguintes:

1. Elaborar e levar a cabo os proxectos educativos individuais das persoas usuarias tendo en conta as súas familias, segundo os plans individuais de intervención e as pautas fixadas polo equipo técnico da xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude.

2. Elaborar proxectos específicos, dentro dos programas anuais, en función das necesidades das persoas usuarias, para a realización de actividades educativas, formativas, laborais, sanitarias, de lecer ou tempo libre.

3. Realizar tarefas de intervención educativa coas persoas usuarias e as súas familias, sendo o responsable da formación integral e globalizadora do grupo de nenos, nenas ou adolescentes ao seu cargo.

4. Levar a cabo a acollida das persoas usuarias nun clima axeitado, que lle ofreza seguridade e lle facilite a súa adaptación a un novo contexto de convivencia. Esta acollida realizarase preferentemente contando coa presenza do educador titor do neno, nena ou adolescente.

5. Organizar a vida cotiá e velar pola adecuada cobertura das necesidades básicas das nenas, nenos ou adolescentes acollidos no centro, sexan estas de carácter físico, emocional, educativo e/ou de lecer, atendendo ás súas necesidades de alimentación, hixiene, vestido, apoio escolar, desprazamentos, etc.

6. Levar a cabo (ou acompañar e orientar a persoa usuaria na súa realización, en función da súa idade) as xestións administrativas necesarias para completar a documentación das persoas usuarias e asegurar a súa correcta incorporación aos ámbitos educativo, sanitario, laboral, etc., en coordinación cos equipos técnicos do menor.

7. Acompañar, orientar e educar as persoas usuarias no seu proceso de maduración e de desenvolvemento de hábitos e habilidades persoais e sociais: hábitos de hixiene, alimentación e saúde, e habilidades de comunicación e comportamento social, promovendo o desenvolvemento integral da súa persoalidade e a súa autonomía.

8. Garantir a participación das persoas usuarias, en función da súa idade e capacidade, na elaboración e seguimento do seu proxecto educativo individual, así como na planificación e desenvolvemento de actividades.

9. Asegurar o cumprimento da normativa do centro por parte das persoas usuarias.

10. Orientar e acompañar a persoa usuaria ante a saída do centro, preparándoa para lograr unha axeitada transición ao contexto en que se integrará.

11. Contribuír de forma activa ao mantemento da seguridade e a orde do centro e supervisar e dar resposta ante posibles emerxencias que ocorran no grupo ao seu cargo.

12. Elaborar todos os informes, documentos e rexistros que lle estean atribuídos na normativa vixente, así como os que lle sexan requiridos acerca das persoas usuarias ao seu cargo polo equipo técnico do menor da xefatura territorial.

13. Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais aos cales sexa convocado.

14. Manter relación e fomentar a coordinación cos axentes sociais e os demais profesionais relacionados coas persoas usuarias atendidas.

15. Calquera outra que veña establecida na normativa aplicable ou lle sexa requirida por algún tipo de necesidade inherente ao seu traballo.

C. Outro persoal.

O centro poderá contar, para o desenvolvemento do servizo, con persoal de apoio educativo que complemente as tarefas do persoal educador, que axudará persoas acollidas nas súas necesidades de manutención, hixiene, desprazamentos, lecer, apoio escolar, etc., sen que poida substituír o persoal educador nas ratios mínimas establecidas para este.

Así mesmo, poderá dispoñer de persoal de apoio doméstico e de servizos para a realización de tarefas tales como cociña, limpeza, transporte, mantemento, seguridade e outras.

Q.5. Relacións entre a Administración e a entidade adxudicataria.

Estableceranse accións de coordinación a varios niveis:

• Xefatura de servizo das xefaturas territoriais correspondentes a cada caso –Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica– coordinación do programa de acollemento residencial en réxime de atención de día integral.

• O ETM da xefatura territorial a que corresponda o caso coordinarase coa entidade adxudicataria para a planificación e avaliación dos casos derivados a este programa.

• Ademais, a entidade concertada comprométese a estar á disposición da Administración concertante para cantas reunións haxa que manter como consecuencia da realización deste proxecto.

R) Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais, que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo VII.

De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

S) Aspectos relativos á execución do concerto social.

S.1. Dereitos e obrigas das partes.

S.1.1. Obrigas da entidade concertada.

A entidade concertada está obrigada a:

a) Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto e coa continuidade e calidade convida.

b) Admitir na utilización do servizo toda persoa usuaria remitida pola Administración concertante e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non discriminación.

c) Prestar ás persoas usuarias de forma gratuíta os servizos establecidos no concerto social.

d) Respectar os dereitos das persoas usuarias recollidos no ordenamento xurídico e no réxime xurídico do servizo.

e) Indemnizar polos danos que se causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica na cláusula F e K.3.

f) Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade das persoas usuarias que resulte de aplicación.

g) Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e Consellería de Política Social e Xuventude. A entidade disporá tamén dun rótulo, no lugar ou centro onde se presten os servizos, en que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia co seu respectivo logotipo.

h) Dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do concerto.

i) Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, así como dos obxectivos dos fondos, figurando o emblema do organismo en toda documentación xerada polo programa e, como mínimo, nos seguintes documentos, de ser o caso:

• Partes de asistencia e/ou de participación.

• Relacións e follas de seguimento.

• Enquisas de avaliación.

• Certificados de asistencia.

• Memorias periódicas, etc.

j) Facilitar toda a información requirida pola Administración, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

k) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Administración, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, a entidade beneficiaria quedará sometida ás actuacións de control, comprobación e inspección que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do programa, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

l) Comunicarlle á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, así como calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos concertados.

m) Facilitar os labores de control e inspección do cumprimento do concerto social, en particular, poñendo á disposición da Administración toda a información económica, fiscal, laboral, técnica e asistencial ou de calquera outra clase que sexa precisa para este fin, con suxeición á lexislación en materia de protección de datos e á restante normativa aplicable.

n) Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social, de seguridade e saúde laboral e igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

o) Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que establezan a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

p) Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e adolescencia fronte á violencia.

q) O persoal asignado á prestación do concerto social dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empregador respecto del, e a Administración concertante será de todo allea ás referidas relacións laborais. En ningún caso poderá alegar ningún dereito o referido persoal en relación coa Consellería de Política Social e Xuventude, nin exixirse a esta responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e os seus empregados.

r) Subministrar á Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

s) A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións no cal as persoas usuarias e quen as represente legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitir as suxestións e queixas recibidas á Administración.

t) Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación, no réxime xurídico do servizo.

S.1.2. Obrigas da Administración concertante.

S.1.1. A Consellería de Política Social e Xuventude está obrigada a aboar á entidade concertada o prezo estipulado dentro dos trinta días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida neste mesmo punto da convocatoria do concerto.

S.1.2. A Consellería de Política Social e Xuventude deberá ter informada a entidade concertada de calquera circunstancia de que teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos en que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e condicións do concerto.

S.1.3. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada.

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

S.1.4. Incumprimento das obrigas por parte da Administración.

Se a Consellería de Política Social e Xuventude se demora no pagamento e incumpre o prazo de trinta días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboar á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

S.2. Constitución de garantía.

A entidade adxudicataria de cada lote ten que constituír una garantía do importe especificado na seguinte táboa:

Nº lote

Nº de prazas

Concellos

Provincia

Importe da garantía definitiva

1

8

Monforte de Lemos

Lugo

42.636,59 €

2

10

Santiago de Compostela

A Coruña

58.939,86 €

3

10

Ponteareas

Pontevedra

59.970,29 €

4

10

O Barco de Valdeorras

Ourense

59.970,29 €

5

10

Verín

Ourense

59.970,29 €

6

13

Ourense

Ourense

65.091,62 €

7

15

Lugo

Lugo

73.580,24 €

8

15

Vigo

Pontevedra

73.580,24 €

9

16

Vigo

Pontevedra

78.042,85 €

10

20

Vigo

Pontevedra

100.708,80 €

11

25

Vigo

Pontevedra

126.661,71 €

12

26

Arteixo

A Coruña

131.566,48 €

13

30

Burela

Lugo

148.955,89 €

A dita garantía debe depositarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga).

A garantía poderá prestarse nalgunha ou algunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as que deban producir efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se subscriban no estranxeiro.

b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, subscrito na forma e condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

Cumpridas polo concertante as obrigas derivadas do concerto, se non resultasen responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía dun ano, se for o caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

S.3. Réxime de pagamentos.

S.3.1. O pagamento do prezo que corresponda a cada mes despois de aplicar os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria realizarase logo da conformidade do Servizo de Protección de Menores.

S.3.2. Para o aboamento do servizo a entidade adxudicataria presentará, dentro dos cinco días seguintes ao mes en que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionará ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no Rexistro Contable de Facturas é requisito previo necesario para a tramitación do recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través das seguintes URL: http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Relación detallada dos NNA acollidos, asinada pola persoa responsable do servizo, segundo modelo establecido no anexo IV ou no que estableza a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica nas instrucións que correspondan.

– Certificado da entidade onde conste o persoal adscrito á execución deste servizo, segundo o modelo establecido no anexo V, ordenado por grupo profesional e posto de traballo, especificando nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. No caso de que a relación de persoal non sufra variacións respecto do período anterior, este documento poderá substituírse por unha declaración en tal sentido.

S.3.3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do programa deste concerto, así como as de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

S.3.4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegralas á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

S.3.5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme o dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

S.4. Limitación á subcontratación e cesión de servizos concertados.

S.4.1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.

S.4.2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Xuventude, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e calidade do servizo.

S.5. Sucesión da entidade concertada.

S.5.1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

S.5.2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estivesen vixentes no momento da sucesión.

S.5.3. Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

S.5.4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicar á Consellería de Política Social e Xuventude a circunstancia que se producise.

T) Modificacións.

T.1. Modificación do acordo de concertación.

T.1.1. Unha vez formalizado o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

T.1.2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte mediante proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e os demais informes que procedan, en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

T.1.3. De acordo co artigo 28 do Decreto 229/2020, por necesidades obxectivas e sempre que se cumpran todos os aspectos recollidos na normativa vixente, poderase aumentar o número de prazas concertadas, sen que o incremento poida superar o 50 % das prazas establecidas para cada lote nesta resolución de convocatoria. Ademais, de acordo coas previsións establecidas no dito precepto, poderase minorar o número de prazas no caso de que non exista suficiente demanda.

T.1.4. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Xuventude.

T.1.5. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase proceder ao seu reaxuste.

T.1.6. Se é a Consellería de Política Social e Xuventude a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos mediante informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberáselles dar audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

T.2. Revisión dos prezos.

T.2.1. Os prezos ou módulos económicos fixados nesta convocatoria poderán ser revisados:

a) Cando se realice unha modificación do concerto social, segundo o establecido no artigo 27 do Decreto 209/2020, que teña incidencia nos custos do servizo.

b) Cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

T.2.2. A revisión de prezos precisará dun informe da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.

Para o cálculo das revisións deberanse ter en conta as previsións recollidas na normativa en materia de desindexación. Nas actualizacións de prezos o carácter diferenciado da acción concertada excluirá a consideración do período de recuperación dos investimentos aplicable á modalidade contractual.

No concerto obxecto desta convocatoria, dado o carácter significativo do cadro de persoal na configuración do prezo, pódese referenciar a actualización desta compoñente dos custos ás variacións económicas dos convenios colectivos sectoriais, nacionais, autonómicos e provinciais aplicables ao lugar de prestación dos servizos, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

T.2.3. A revisión dos prezos ou módulos efectuarase, segundo proceda, no acordo de modificación ou mediante resolución ditada para o efecto pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

U) Resolución e extinción do concerto social.

U.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

U.2. Cumprimento do concerto.

O concerto social entenderase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

U.3. Extinción do concerto por resolución.

U.3.1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da persoalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Xuventude, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Xuventude.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando comporte unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da dita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de seguridade social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender as persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula S).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo, que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Xuventude por prazo superior a catro meses.

p) A suspensión por causa imputable á Consellería de Política Social e Xuventude da iniciación do concerto social por prazo superior a seis meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou suspensión do concerto social por prazo superior a seis meses acordado pola Consellería de Política Social e Xuventude.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

U.3.2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social, e non concorra outra causa de resolución que sexa imputable á entidade concertada.

U.3.3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Xuventude incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Xuventude se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

U.3.4. Se a Consellería de Política Social e Xuventude considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Xuventude deberá establecer a data en que terá efectos a dita resolución para garantir a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

U.4. Efectos da resolución.

U.4.1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes acomodaranse ao validamente estipulado por elas.

U.4.2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Xuventude determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

U.4.3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Xuventude polos danos e perdas causados.

V) Protección de datos persoais.

V.1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto.

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, e o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro; na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE núm. 175, de 23 de xullo); na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, do 29 de xullo), e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións recollidas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obriga legal, fundamentadas ambas no disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas obríganse a informar, pola súa vez, o persoal o seu servizo e as persoas usuarias, con carácter previo a que se faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Xuventude, dos aspectos establecidos nos parágrafos anteriores.

V.3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Xuventude. A lexitimación para o tratamento dos datos será o cumprimento dunha misión realizada en interese público e o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable fundamentada, pola súa vez, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, e o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro; na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE núm. 175, do 23 de xullo); na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, do 29 de xullo), e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das devanditas accións derivadas da execución do programa, na súa condición de encargadas do tratamento, poderán ser tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e outros órganos encargados da xestión e control financeiro.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lles sexan confiados para a formalización e desenvolvemento das accións recollidas na presente resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– A utilizar a devandita información exclusivamente no ámbito desta orde e para as finalidades previstas nela;

– A non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor salvo nos casos expresamente previstos na lei, exixindo idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución;

– A facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da devandita relación, a quen se comunicará a obrigación de tratar a información a que se lles dá acceso con carácter estritamente confidencial;

– A aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida se así o solicita a parte que a forneceu;

Considerarase información confidencial aquela á cal as entidades beneficiarias accedan en virtude da presente resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativa, ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase aínda despois de finalizada a relación.

V.5. Encargo do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais, as entidades concertadas terán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución, que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

V.5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento as entidades beneficiarias das axudas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias necesarios para a execución das obrigas contidas nesta resolución.

V.5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento.

As entidades concertadas como encargadas do tratamento deberán cumprir coas obrigas recollidas a seguir, e exixirán o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo:

V.5.2.a) Tratar por conta do responsable os datos persoais necesarios para levar a cabo adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

V.5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento, só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins, sendo considerado neste caso como responsable do tratamento.

V.5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considera que algunha das instrucións infrinxe o RXPD, a LOPDGDD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

V.5.2.d) Levar por escrito, se é o caso, segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, incluído o contido previsto no dito artigo.

V.5.2.e) Non comunicar os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento, ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicar os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

V.5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do concerto e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o normal funcionamento dos seus servizos.

V.5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos nos cales interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicalo previamente por escrito ao responsable do tratamento, indicando os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar, identificando de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez autorizada polo responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará tamén obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste concerto para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

V.5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados, dándolle así á persoa responsable a posibilidade de opoñerse aos ditos cambios.

V.5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais a que teña acceso en virtude deste concerto social, aínda que finalice o seu obxecto.

V.5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais se comprometen, expresamente e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das cales serán informadas oportunamente. O encargado manterá á disposición do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

V.5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

V.5.2.l) Asistir ao responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste e coa maior brevidade posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, esta informaraas, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

V.5.2.m) Comunicarlle o responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do RXPD.

V.5.2.n) Apoiar o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control, cando proceda.

V.5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

• Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

• Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se é necesario.

V.5.2.p) Poñer á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existir, facilitando a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

V.5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do RXPD e no artigo 34 da LOPDGDD, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

V.5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez cumpridos os servizos obxecto do presente concerto, os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución suporá a total supresión dos datos existentes, se é o caso, nos equipos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres se poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

W) Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade poderá poñer os ditos feitos en coñecemento a través da web de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia, así como do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

• https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

• https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste concerto as medidas recollidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que foi asinado o 12 de xaneiro de 2022.

X) Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Y) Resolución de conflitos.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Xuventude e os seus acordos porán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución é expresa. Se o acto non é expreso, poderá interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este é expreso. Se non o é, o prazo será de seis meses e contarase, para o concertante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Datos sobre o persoal que se subroga

(anexo informativo)

Concerto social con código de procedemento BS213K, que consiste na xestión de prazas de atención de día dirixidas a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección. (208 prazas de día).

Lote 1.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada

ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Director centro

Indefinido

100 %

19.6.2014

37.337,78 €

2

Subdirectora

Indefinido

100 %

1.11.2006

36.262,56 €

3

Educador

Indefinido

100 %

6.5.2019

27.963,20 €

4

Educadora

Indefinido

100 %

26.11.2019

27.917,64 €

Lote 2.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Directora + educadora

Indefinido

79 %

22 anos

30.835,36 €

2

Educadora

Indefinido

100 %

3 anos

27.890,88 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

2 anos

27.591,00 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

3 anos

27.890,88 €

4

Auxiliar técnico educativo

Indefinido

Dedicación do 100 % da súa xornada de 20 h/s

1 ano

11.187,05 €

5

Persoal de cociña e limpeza

Indefinido

Dedicación do 100 % da súa xornada de 15 h/s

4 anos

7.763,75 €

6

Coordinadora

Indefinido

40 % de xornada de 30 h/s

13 anos

10.914,86 €

7

Dirección entidade

Indefinido

11 %

21 anos

4.897,97 €

Lote 3.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Persoal de dirección

Indefinido

33 %

20.3.2000

26.214,11 €

2

Educadora

Indefinido

100 %

3.11.2004

41.519,80 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

16.1.1997

46.442,06 €

4

Educadora

Indefinido

100 %

4.12.2021

15.669,50 €

5

Educadora sociofamiliar

Indefinido

100 %

13.12.2021

30.489,90 €

Lote 4.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Directora + educadora

Indefinido

100 %

13 anos

38.023,56 €

2

Educadora

Indefinido

78 % (contrato ao 100 % actualmente con redución de xornada por coidado de fillo)

15 anos

22.434,17 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

10 anos

28.790,52 €

4

Educadora

Temporal

100 % (cobre redución de xornada)

3 anos

27.890,88 €

5

Coordinadora

Indefinido

40 % de xornada de 30 h/s

13 anos

10.914,86 €

6

Dirección entidade

Indefinido

11 %

21 anos

4.897,97 €

7

Persoal de limpeza e cociña

Indefinido

35 %

6 anos

7.092,57 €

8

Mestre

Indefinido

52 %

1 ano

14.332,99 €

Lote 5.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2022 (salario + Seg. Social empr.)

-sen actualizar en 2023-

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Educadora social (responsable do centro)

Indefinido-xornada completa (37 h/s)

100 %

22.4.2013

30.091,20 €

31.161,79 €

2

Educadora social

Indefinido-xornada completa (37 h/s)

100 %

18.6.2009

30.025,44 €

31.094,23 €

3

Educadora social

Indefinido-xornada completa (37 h/s)

100 %

4.1.2010

29.797,44 €

30.860,73 €

4

Monitora educación e tempo libre

Temporal-tempo parcial (15 h/s)

100 %

8.5.2019

7.740,24 €

7.755,72 €

5

Monitora educación e tempo libre

Interinidade-tempo parcial (15 h/s)

100 %

1.3.2023

7.670,40 €

7.685,76 €

6

Auxiliar

Indefinido-xornada completa (40 h/s)

100 %

1.12.2008

22.894,56 €

25.871,16 €

Lote 6.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Educadora social

Indefinido

100 %

9.5.2009

31.271,30 €

2

Educadora social

Indefinido

100 %

20.2.2017

29.706,66 €

3

Educadora social

Indefinido

100 %

1.8.2007

29.706,66 €

4

Educadora social

Indefinido

100 %

1.3.2021

28.666,00 €

5

Educadora social

Indefinido

100 %

25.5.2021

28.666,00 €

6

Cociñeira

Indefinido

100 %

21.6.2022

12.005,28 €

Lote 7.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada
ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Director

Indefinido xornada completa

100 %

1.1.2008

51.083,16 €

2

Educadora

Indefinido xornada completa

100 %

4.10.2010

27.824,52 €

3

Educadora

Indefinido xornada completa

100 %

5.4.2017

26.383,68 €

4

Educadora

Indefinido xornada completa

100 %

26.12.2015

27.176,16 €

5

Educadora

Indefinido tempo parcial

45 %

6.12.2022

11.868,24 €

Lote 8.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Persoal de dirección

Indefinido

33 %

20.3.2000

26.214,11 €

2

Educadora

Indefinido

100 %

13.7.2020

30.169,02 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

9.10.2007

38.558,24 €

4

Educadora

Indefinido

100 %

1.6.2021

30.169,02 €

5

Educadora

Indefinido

50 %

1.6.2021

15.084,51 €

6

Educadora sociofamiliar

Indefinido

100 %

3.10.2006

49.222,88 €

7

Persoal de cociña

Indefinido

100 %

23.5.1991

36.824,20 €

8

Persoal limpeza/lavandaría

Indefinido

100 %

27.2.2009

27.271,16 €

Lote 9.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada

ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023

(salario + Seg. Social empr.)

1

Director xerente

Indefinido

100 %

12 anos

42.639,64 €

2

Educadora

Indefinido

100 %

19 anos

34.874,76 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

16 anos

30.521,80 €

4

Persoal serv. xerais

Indefinido

100 %

22 anos

27.299,62 €

5

Educadora

Temporal

100 %

7 meses

28.940,22 €

6

Educadora

Temporal

100 %

9 meses

28.940,22 €

7

Aux. técnico educativo

Temporal

65 %

5 meses

17.759,52 €

8

Psicóloga

Indefinido

40 %

7 anos

9.483,66 €

Lote 10.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Coordinador/educador social

Indefinido xornada completa

100 %

15.5.2002

36.041,88 €

2

Psicólogo

Indefinido

½ xornada

100 %

11.6.2002

22.533,00 €

3

Educador social

Indefinido xornada completa

100 %

1.1.2005

30.716,40 €

4

Educador social

Indefinido xornada completa

100 %

10.9.2009

29.906,04 €

5

Educadora social

Indefinido xornada completa

100 %

23.12.2019

27.474,48 €

6

Educadora social

Indefinido xornada completa

100 %

2.4.2020

26.664,00 €

7

Educadora social

Temporal

¼ xornada

100 %

Pendente de contratación

6.666,00 €

8

Mestra

Temporal/en prácticas

Xornada completa

100 %

21.7.2022

22.610,28 €

9

Administrativo/auxiliar técnico educativo

Indefinido xornada completa

100 %

20.6.2022

21.899,76 €

10

Persoal de limpeza

Indefinido

¼ xornada

100 %

1.12.2005

7.390,32 €

Lote 11.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% xornada imputada ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Persoal de dirección

Indefinido

33 %

20.3.2000

26.214.11 €

2

Educadora

Indefinido

100 %

2.4.1996

42.349,72 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

19.2.2018

33.068,98 €

4

Educadora

Indefinido

100 %

1.6.2001

34.114,08 €

5

Educadora

Indefinido

100 %

14.10.2002

38.994,48 €

6

Educadora

Indefinido

100 %

3.2.1999

42.349,72 €

7

Educadora

Indefinido

50 %

1.6.2021

15.084,21 €

8

Educadora sociofamiliar

Indefinido

100 %

3.1.2003

42.887,88 €

9

Educador sociofamiliar

Indefinido

100 %

29.7.2021

30.343,74 €

10

Persoal mantemento

Indefinido

100 %

5.2.1999

40.239,50 €

11

Persoal mantemento

Indefinido

100 %

11.12.2006

30.261,56 €

Lote 12.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada

ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023

(salario + Seg. Social empr.)

1

Dirección

Indefinido

100 %

19.3.2007

37.699,16 €

2

Educadora

Indefinido

100 %

10.3.2007

30.937,01 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

1.2.2011

30.337,24 €

4

Educadora

Indefinido

100 %

1.7.2011

30.337,24 €

5

Educadora

Indefinido

100 %

24.4.2019

27.890,86 €

6

Educadora

Indefinido

100 %

15.12.2021

27.591,05 €

7

Educadora

Temporal

100 %

20.9.2022

27.591,05 €

8

Educadora

Temporal

100 %

18.10.2022

27.591,05 €

9

Educadora

Temporal

100 %

2.12.2022

27.591,05 €

10

Educadora

Temporal

100 %

9.12.2022

27.591,05 €

11

Servizos xerais

Indefinido

100 %

25.10.1999

23.646,99 €

12

Servizos xerais

Indefinido

100 %

3.3.2014

21.425,92 €

13

Auxiliar limpeza

Temporal

100 %

1.12.2022

20.826,17 €

Lote 13.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada

ao programa

Antigüidade

Custo bruto anual 2023 (salario + Seg. Social empr.)

1

Directora

Indefinido

50 %

24.8.2007

19.052,90 €

2

Coordinador-psicopedagogo

Indefinido

100 %

31.12.2017

38.671,06 €

3

Educadora

Indefinido

100 %

18.9.2006

29.251,59 €

4

Educador

Indefinido

100 %

29.7.2018

27.890,78 €

5

Educadora

Indefinido

100 %

19.6.2015

29.487,82 €

6

Coordinador-r. Calidade-educador

Indefinido

100 %

30.6.2012

40.915,38 €

7

Educadora

Temporal

100 %

1.8.2022

27.732,31 €

8

Educador

Indefinido

100 %

1.7.2014

29.487,82 €

9

Pedagogo

Indefinido

100 %

15.9.2021

29.244,69 €

10

Pedagogo

Indefinido

100 %

20.12.2021

29.533,55 €

11

Educadora

Temporal

100 %

9.12.2022

29.270,09 €

12

Lic. Xornalismo-comunicación-administración

Indefinido

50 %

2.1.2023

14.574,69 €

13

Auxiliar servizos

Indefinido

100 %

1.10.2018

20.018,16 €

14

Auxiliar servizos

Indefinido

100 %

1.9.2016

20.620,98 €

15

Pedagoga

Temporal

100 %

31.1.2023

29.244,69 €

16

Educadora

Temporal

100 %

31.1.2023

27.732,31 €