Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abadín

ANUNCIO da modificación do requisito de titulación na convocatoria para axente de emprego e desenvolvemento local do proceso de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 134, do 13 de xuño de 2023, publicouse a modificación das bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais, o procedemento selectivo para a cobertura como persoal laboral fixo dunha (1) praza de axente de emprego e desenvolvemento local no Concello de Abadín, dentro da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal laboral temporal do Concello de Abadín, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de modificación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.

Abadín, 13 de xuño de 2023

José María López Rancaño
Alcalde presidente