Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 38693

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023 pola que se conceden as axudas reguladas na Orde do 31 de marzo de 2023 pola que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT215C).

Logo de ver as solicitudes de axudas destinadas a facilitar a participación das galerías de arte que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2023 fóra da Comunidade, e tendo en conta o cumprimento dos requisitos e trámites establecidos na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei, e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

A suma total das axudas ascende a corenta e catro mil euros (44.000,00 €), que se librarán con cargo á aplicación 10.04.432B.770.0 (CP 2015 00374) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023.

Segundo os criterios sinalados no artigo 11 da Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras,

RESOLVO:

Concederlles as axudas, polas contías que se indican, ás galerías que se relacionan no anexo que se xunta, ordenadas por orde de entrada das solicitudes, segundo os requisitos establecidos no artigo 3, e publicalas do Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 11 da orde.

As galerías subvencionadas a que fai referencia esta resolución quedan obrigadas a achegar a documentación xustificativa segundo o procedemento indicado no artigo 15 da orde de convocatoria e quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Conforme o artigo 11 da orde, a publicación desta resolución na páxina web oficial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.cultura.gal) substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición, este deberá resolverse antes de poder interpoñer o contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Relación de galerías por orde de entrada de solicitude (acreditado mediante número e hora de entrada no rexistro electrónico)

Solicitante

Feiras ou mercados

Data

Importe concedido

Vicente Muñiz Vázquez (Galería La Doce)

Hybrid Art Fair Madrid

24.2.2023

2.000,00 €

María Jesús Villar Iglesias (Galería Nordés)

Arco Madrid Artissima (Turín)

22.2.2023 5.11.2023

6.000,00 €

Cristian Balsa Gavilanes (Art Cuestion)

Art3f Lille Bankartfair (Seoul)

2.6.2023

10.8.2023

8.000,00 €

María Begoña Martínez Casanova (Galería DeFimeras)

Adac (Feria Andaluza de Arte y Cultura)

13.4.2023

2.000,00 €

Galería Pm8, S.L.

Frieze London 2023 Paris Art Basel

11.10.2023 19.10.2023

8.000,00 €

María Luisa Pita Díaz (Galería de Arte)

Art Madrid Estampa Madrid

22.2.2023 19.10.2023

4.000,00 €

Mc Proxectos de Arte, S.L. (Galería Metro)

Art Madrid Justmad-Madrid

22.2.2023 23.2.2023

4.000,00 €

Galería Vilaseco, S.L.

Artslibris Arco Madrid

22.2.2023

2.000,00 €

María Asunción Rodríguez Rodríguez (Galería Trinta)

Uvnt Madrid Drawing Room Lisboa

24.2.2023 25.10.2023

6.000,00 €

M. Rodríguez y Cía, S.L (Galería MoretArt)

Art Madrid

22.2.2023

2.000,00 €