Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2023 Páx. 39019

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG)

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2023 pola que se contrata persoal laboral fixo nas categorías profesionais de técnico/a superior diplomado/a en informática e de xestor/a de documentación, ambas do grupo II, en virtude da convocatoria anunciada pola Resolución do 7 de decembro de 2022 no marco de estabilización de emprego temporal.

De conformidade coa proposta elevada polos tribunais cualificadores para a contratación como persoal laboral fixo do Consorcio Interuniversitario del Sistema Universitario de Galicia (CISUG) no marco de estabilización de emprego temporal e nas categorías profesionais indicadas no anexo, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo nas categorías de técnico superior en informática e xestor de documentación, pola quenda de acceso libre, as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Presidente do Consorcio Interuniversitario do Sistema
Universitario de Galicia

ANEXO

Persoas seleccionadas para a contratación

Grupo:

II

Categoría:

Técnico/a superior diplomado/a en informática

Nº de postos:

1

Apelidos

Nome

DNI

Vieites Seoane

Francisco José

***6330**

Grupo:

II

Categoría:

Xestor/a de documentación

Nº de postos:

1

Apelidos

Nome

DNI

Rodríguez Agoure

Begoña

***8003**