Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39032

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de xuño de 2023 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

Esta modificación da relación de postos de traballo é unha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza polo que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada a publicación completa e non parcial dos postos pertencentes á Residencia de Maiores de Burela e á Residencia de Maiores das Gándaras, de tal xeito que figuran postos cuxas características foron aprobadas en modificacións anteriores.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Social e Xuventude e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de xuño de 2023, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de xuño de 2023, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file