Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39093

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2023/24.

Co obxecto de proceder á actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2023/24, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

RESOLVE:

Anunciar que a actualización da oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2023/24, que inclúe algúns aspectos para a súa organización, estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.edu.xunta.gal/portal).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos