Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2023 Páx. 39232

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de corrección de erros dos procesos selectivos: técnico/a da Administración xeral e técnico/a de xestión.

No Boletín Oficial da provincia núm. 108, do 8 de xuño de 2023, publícase a corrección de erros nas bases destes procesos selectivos (corrección da base 9.2 e anexo), coa apertura de novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días naturais desde a data de publicación de anuncio de corrección no BOE, conservando así o restante contido das bases non modificado. Así mesmo, consérvanse as solicitudes xa presentadas, polo tanto, os interesados non terán que volver presentalas.

Porto do Son, 8 de xuño de 2023

José Luis Oujo Pouso
Alcalde en funcións