Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario sanitario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes á escala de saúde pública e administración sanitaria e subescala de atención especializada, clase de ATS/DUE básicos.

A Orde do 25 de novembro de 2022 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro de 2022. Este sistema transitorio configúrase como unha retribución adicional ao complemento de destino.

O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 2.12.2022 ata o 26.12.2022.

As solicitudes sinaladas no anexo non cumpren os requisitos previstos para o acceso ao grao II polas causas sinaladas en cada unha.

En vista do anterior, esta secretaría xeral técnica

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder ao grao extraordinario II do sistema de carreira administrativa, por non cumpriren os requisitos previstos para o acceso establecidos na Orde do 25 de novembro de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao II do sistema de carreira administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023

O conselleiro de Sanidade
P.D. (Orde do 22.4.2020; DOG núm. 82, do 29 de abril)
Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Causas

Detalle

Observación

1

Fóra de prazo

Artigo 11

2

Non ten o grao I o 31.12.2021

Artigo 16.1.c)

Núm.

Data da solicitude

NIF

Interesado/a

Grao

Causa

1

15.12.2022

***9419**

María José Enríquez Echevarría

2

2

2

15.12.2022

***5658**

María Clara González Ares

2

2

3

3.1.2023

***3050**

Pilar Fraga Gallego

2

1

4

11.1.2023

***7670**

Josefina Rivas Rodríguez

2

1

5

22.3.2023

***5944**

Purificación Novoa Fernández

2

1, 2

6

4.4.2023

***5020**

María Pilar Trabazo Arias

2

1, 2