Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39369

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2023 pola que se procede á modificación da resolución do 16 de maio de 2023, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 15 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario no ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 104, do 2 de xuño de 2023), como consecuencia da renuncia á axuda dunha entidade.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 13.3 da Orde do 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 7, do 11 de xaneiro de 2023), pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario no ano 2023, no cal se establece o procedemento a seguir no caso de renuncia da subvención dalgunha das beneficiarias, procédese á publicación das modificacións de axudas concedidas en virtude da devandita orde.

No que se refire ás entidades que renuncian á axuda e aos novos beneficiarios, importes concedidos e finalidade da subvención: véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Entidades que renuncian á subvención concedida
na Resolución do 16 de maio de 2023 (DOG núm. 104, do 2 de xuño)

Liña

Posto

Núm. expediente

NIF

Entidade

Programa

Puntos

Importe adxudicado (€)

II

6

SA803A-II-1

G15036064

Aspaneps

Abordaxe grupal baseado na integración sensorial e xogo simbólico

77,75

2.007,70

Nova subvención como consecuencia da renuncia:

Liña

Posto

Núm. expediente

NIF

Entidade

Programa

Puntos

Importe adxudicado (€)

II

7

SA803A-II-5

G36685964

Fundación Menela

Apoio psicolóxico no envellecemento activo de persoas con TEA

77,25

2.007,70