En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de xuño de dous mil vinte e tres,
Nomeo secretaria xeral técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a María Pilar Arias Graña.
Santiago de Compostela, vinte e dous de xuño de dous mil vinte e tres
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade