Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39274

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

DECRETO 92/2023, do 22 de xuño, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a Alberto Fuentes Losada.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de xuño de dous mil vinte e tres,

Nomeo secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a Alberto Fuentes Losada.

Santiago de Compostela, vinte e dous de xuño de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade