Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39837

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente á convocatoria para cubrir dúas prazas vacantes de administrativo/a de administración xeral incluídas na oferta de emprego público ordinaria para o ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) núm. 110, do xoves 8 de xuño de 2023, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a dúas prazas vacantes de administrativo/a de administración xeral no Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 29 de maio de 2023, o proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas vacantes de administrativo/a de administración xeral no Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022 que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C, subgrupo C1, clasificación: escala de administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 2. Denominación: administrativo/a. As dúas prazas cubriranse pola quenda libre e reservarase unha delas para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade (discapacidade xeral).

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 9 de xuño de 2023

O alcalde en funcións
P.D. (Acordo do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura en funcións