Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39759

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2023 pola que se publica a baremación definitiva das persoas aspirantes que foron admitidas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, convocado pola Resolución do 23 de decembro de 2022, e se fan as propostas de resolución para o nomeamento como persoal fixo.

O Consello Reitor do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), na súa xuntanza do 22 de decembro de 2022, acordou aprobar as bases da convocatoria que rexerán o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos II (técnico/a grao medio) e IV (auxiliar administrativo/a), da entidade instrumental ACSUG. No mesmo acordo, o Consello Reitor outorgou ao director de ACSUG a competencia para ditar todas as resolucións necesarias para desenvolver o dito proceso selectivo.

O 29 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías/grupos da entidade instrumental ACSUG, que figuran convocadas na oferta pública de emprego extraordinaria recollida no Decreto 79/2022, do 25 de maio, da Consellería de Facenda e Administración Pública (Xunta de Galicia).

O 8 de marzo de 2023 publicouse no DOG a Resolución do director de ACSUG, do 28 de febreiro de 2023, pola que se nomea a Comisión de Selección do referido proceso selectivo.

O punto 3 da base III da citada convocatoria establece que, rematado o prazo de acreditación de méritos, a comisión de selección procederá á baremación da fase de concurso e publicará a puntuación resultante no DOG.

O 22 de maio de 2023 publícase no DOG a Resolución do 10 de maio de 2023 coa baremación provisional, feita por esta Comisión de Selección, das persoas aspirantes admitidas na convocatoria deste proceso selectivo.

Ao non terse presentado en tempo e forma, ningunha alegación nin reclamación contra a referida resolución, de conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro

Aprobar a baremación definitiva das persoas aspirantes á praza correspondente ao grupo II, categoría 007 (técnico/a grao medio).

DNI

Nome

Puntuación

***2187**

Mallo Rey, Marta

79,50

***6110**

Vázquez Froján, Luisa María

44,60

***3089**

Canosa Rey, Jesús

42,38

***5982**

Cabezas Vilas, María Jesús

40,40

***9841**

Hermida Bejarano, Isidro

17,50

Segundo

Aprobar a baremación definitiva das persoas aspirantes ás prazas correspondentes ao grupo IV, categoría 001 (auxiliar administrativo).

DNI

Nome

Puntuación

***9671**

Domínguez Martínez, Santiago

87,70

***2864**

Lesta Chapela, Edurne

87,60

***2419**

Couceiro Novais, María Virtudes

83,90

***6554**

Lameiro Ces, Antonio Manuel

69,75

***3406**

Iglesias Domínguez, Francisco Javier

69,68

***0160**

Souto Fidalgo, María Belén

45,13

***9841**

Hermida Bejarano, Isidro

23,50

***9940**

Vieito Díaz, Luz María

22,25

***9158**

Viñas Mayo, Rubén

3,00

Terceiro. Proposta de nomeamento das persoas aspirantes ás prazas convocadas

a) Consonte o disposto no punto 2 da base V, unha vez rematado o proceso selectivo, a Comisión de Selección propón, para o seu nomeamento como persoal laboral fixo para a praza correspondente ao grupo II, categoría 007 (técnico/a grao medio) a:

DNI

Nome

***2187**

Mallo Rey, Marta

b) Consonte o disposto no punto 2 da base V, unha vez rematado o proceso selectivo a Comisión de Selección propón, para o seu nomeamento como persoal laboral fixo para as prazas correspondentes ao grupo IV, categoría 001 (auxiliar administrativo) a:

DNI

Nome

***9671**

Domínguez Martínez, Santiago

***2864**

Lesta Chapela, Edurne

***2419**

Couceiro Novais, María Virtudes

Cuarto. Recurso

Segundo o disposto no punto 12 da base IV da convocatoria, os acordos adoptados pola Comisión de Selección do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2023

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta da Comisión de Selección