Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2023 Páx. 40026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2023/131-1).

Expediente: IN407A 2023/131-1.

Solicitante/promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMTS, CT Proame e reforma da RBT.

Concello: A Laracha.

1. Características técnicas:

– Modificación, mantendo a súa actual traza, da LMT aérea Entrerríos-A Laracha (expediente 51.761) consistente na instalación de xeito intercalado entre os actuais apoios núm. 6, metálico tipo S-AL-CH-630/13-B1-CS e núm. 7, para retirar, dun novo apoio núm. 7, metálico tipo FL-C-2000/14-H35-CA, no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun xogo de pararraios autoválvulas.

– Desmontaxe do treito de 295 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 da LMT Entrerríos-A Laracha (expediente 51.761) comprendido entre o novo apoio núm. 7 proxectado e o CT tipo caseta de obra civil Proame (expediente 51.761). Esta actuación implica a retirada dos apoios existentes sobre os que se atopa tendido o condutor a retirar, que son: apoio núm. 7, metálico tipo CH-1000/13, apoio núm. 8, de formigón tipo HV-1000/13 e apoio núm. 9, metálico tipo CH-2500/11.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), no treito de 398 metros de lonxitude da LMT aérea Entrerríos-A Laracha (expediente 51.761) comprendido entre o apoio núm. 4, metálico tipo A-AG-CH-1600/17,5-CR1-CA existente e o novo apoio núm. 7 proxectado.

– Desconexión e desmontaxe do CT tipo caseta de obra civil Proame (matrícula: HLC423), de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV (expediente 51.761).

– Instalación na parcela con referencia catastral 15042A153003530000RR sita no lugar da Estrada, en substitución do anterior, do novo CT prefabricado de formigón Proame, de manobra exterior, de 160 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, dotado do seu correspondente conxunto de dispositivos de protección e manobra e de cadro de baixa tensión con catro (4) saídas.

– Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV (tensión de servizo: 15 kV), de 624 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 150 mm² Al), coa orixe no novo paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio núm. 7 proxectado e remate nos empalmes MT para realizar en arqueta existente sobre a LMT soterrada Entrerríos-A Laracha (expediente IN407A 2019/219-1), tras entrar e saír no novo CT Proame.

– Instalación de tres (3) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 3 × 31 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 × 240 mm2 Al) coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do novo CT Proame proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente proxectados nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) que se vai instalar en apoio de formigón tipo HV-1000/11 existente.

– Reforma da rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente, consistente na substitución, nun treito de 422 metros de lonxitude, dos actuais condutores tipo RZ 3 (1 × 95/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3 (1 × 150/80 mm2 Al/Alm) polo novo condutor tipo RZ 3 (1 × 95/54,6 Al/Alm) e na substitución dos condutores tipo RZ 2 (1 × 16 mm2 Al) das acometidas ás vivendas existentes por novos condutores tipo RZ 2 (1 × 25 mm2 Al) e RZ 4 (1 × 25 mm2 Al). Estas operacións implicarán a retirada de catro (4) apoios de madeira e de cinco (5) apoios de formigón que serán substituídos por oito (8) novos apoios de formigón que se instalarán aproveitando a localización dos apoios que se van retirar.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 1 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMTS, CT Proame e reforma da RBT

Relación de bens e dereitos afectados, concello da Laracha

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Afección pleno dominio (LMT aérea - apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

LMTS (servidume de paso de enerxía eléctrica soterrada)

Afección pleno dominio

(centro de transformación)

Natureza do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

Superficie edificio (m2)

Beirarrúa

Acceso

1

Manuel Cotelo Varela

15042A153000870000RP

Novo apoio

núm. 7

proxectado

2

40

119

Agrario.

Prados ou praderías

2

Jesús Abelenda Bello

15042A153003530000RR

8

15

62

Agrario.

Prados ou praderías