Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2023 Páx. 40076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 13 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia a persoa interesada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-PF-160/2011).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa indicada no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque se descoñece o lugar en que efectuar a correspondente notificación.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, os documentos e/ou as xustificacións que considere pertinentes. Para iso pode consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla núm. 70-1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo e vistas as alegacións, os documentos e/ou as xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Lugo, 13 de xuño de 2023

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

Pasaporte

Acto notificado

LU-PF-160/2011

SG1501616

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia