Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40296

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2) dos seguintes corpos/escalas:

Corpo/escalas

Corpo de xestión

I. Corpo de xestión da Administración xeral

II. Escala de xestión de sistemas de informática

III. Escala técnica de finanzas

IV. Escala de inspectoras e inspectores de consumo

Corpo facultativo de grao medio

V. Escala de enxeñeiros técnicos:

– Especialidade enxeñaría técnica de obras públicas

– Especialidade enxeñaría técnica industrial

– Especialidade enxeñaría técnica forestal

– Especialidade enxeñaría técnica agrícola

– Especialidade enxeñaría técnica de minas

– Especialidade enxeñaría técnica en topografía

VI. Escala de arquitectos técnicos

VII. Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos:

– Especialidade arquivos

– Especialidade bibliotecas

– Especialidade museos

VIII. Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros:

– Especialidade servizos ao buque

– Especialidade máquinas e produción

– Especialidade traballos técnicos de mergullo

IX. Escala de axentes de extensión pesqueira

X. Escala de subinspección urbanística

XI. Escala técnica de facultativos:

– Especialidade enfermaría

– Especialidade fisioterapia

– Especialidade traballo social

– Especialidade terapia ocupacional

– Especialidade educador social

– Especialidade educador infantil

XII. Escala técnica de restauración:

– Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Así mesmo, e segundo a base I.4 das que rexen o proceso selectivo, nesta listaxe figuran as persoas aspirantes que teñen pendente de acreditar que están en posesión do Celga requirido.

As persoas aspirantes excluídas, as que non figuren en ningunha das listaxes, así como aquelas persoas que non acreditaron estar en posesión do Celga requirido, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión ou acreditar que posuían antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Para isto, deberán acceder a fides.xunta.gal e realizar as alegacións que consideren oportunas e achegar a documentación acreditativa. Só se admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación informática.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como da posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superaren o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas. As persoas aspirantes que non acrediten a posesión do Celga 4 terán que realizar a proba de coñecemento da lingua galega.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública