Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40388

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto/a técnico/a, como funcionario de carreira, polo sistema de oposición, quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 121, do 29 de maio de 2023, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria de probas selectivas para a provisión dunha praza de arquitecto/a técnico/a, como funcionario de carreira, polo sistema de oposición, quenda libre, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2.

De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Vilalba, 29 de maio de 2023

María Elba Veleiro Fernández
Alcaldesa