Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40857

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2023 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de microscopía electrónica.

Unha vez recibida a proposta final do tribunal coas persoas candidatas que superaron o proceso selectivo, e acreditado por estas o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria e precisos para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, cómpre considerar:

Mediante a Resolución do 1 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 15 de decembro, convocouse o proceso selectivo para cubrir dúas prazas de persoal laboral fixo do grupo I, da categoría de técnico/a superior de microscopía electrónica, polo sistema de promoción interna e de acceso libre.

O 21 de decembro de 2021 publicouse a relación de postos de traballo (RPT) do persoal de administración e servizos (PAS) (Resolución do 2 de decembro), logo de negociación e acordo coa representación sindical do persoal laboral e funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo, que unifica nunha as dúas RPT preexistentes, unha do PAS sometido ao réxime laboral e outra do PAS regulado polo réxime funcionarial. Con este acordo, a totalidade do PAS da Universidade de Vigo pasa a figurar nunha única RPT, que entrou en vigor, con efectos plenos, o 1 de novembro de 2022, de acordo coa instrución da Xerencia do 31 de outubro de 2022.

De xeito paralelo ao proceso negociador da RPT, as mesmas partes negociaron e acordaron a funcionarización voluntaria do PAS laboral, así como o procedemento mediante o cal acadala a través do Acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos. No seu anexo II establece a correspondencia entre as categorías profesionais do PAS laboral e as novas escalas e subescalas de PAS funcionario, para os efectos da súa integración nelas; concretamente, a categoría de técnico superior de microscopía electrónica integrouse na escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de microscopía electrónica.

A continuación convocáronse os procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias desta universidade, mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2022 (DOG do 22 de febreiro). Estes procesos concluíron mediante a Resolución do 27 de xullo de 2022 e procedeuse ao nomeamento do persoal que os superou con efectos do 1 de novembro de 2022.

Resulta así que, no período transcorrido entre a convocatoria da praza (1 de decembro de 2021) e a resolución do proceso selectivo, se modificou a súa condición e réxime xurídico, que pasou de laboral a funcionarial.

Por conseguinte, considerando todo o exposto, a incorporación da persoa que superou o proceso selectivo debe realizarse baixo o réxime de persoal funcionario e mediante o procedemento establecido no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Consecuentemente, constatado o cumprimento do previsto nas alíneas) e b) do dito artigo, consonte o disposto nas leis de función pública, e de acordo coas atribucións que me confiren a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do Sistema universitario, e os estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Nomear as persoas que se relacionan funcionarias de carreira da escala técnica superior de apoio á docencia e investigación, subescala de microscopía electrónica da Universidade de Vigo, con especificación do destino adxudicado:

María Inés Pazos Garrido, con DNI ***2262**,

Cód.

Denominación

D

CD

CE

FP

SG

Q

C

Escala

Sub.

Req.

Obs.

36114

PF10271

Técnico/a de microscopía electrónica

1

23

989,12

C

A1

M e T

V

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Microscopía electrónica

Eugenio Luis Solla Agra, con DNI ***2632**,

Cód.

Denominación

D

CD

CE

FP

SG

Q

C

Escala

Sub.

Req.

Obs.

36114

PF10273

Técnico/a de microscopía electrónica

1

23

989,12

C

A1

M e T

V

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Microscopía electrónica

COD.: código

Q: quenda de traballo, M e T- mañá e tarde

D: dotación

C: campus, V- Vigo

CD: complemento de destino

SUB.: Subescala

CE: complemento específico

REQ.: requisitos

FP: forma de provisión, C- concurso

OBS.: observacións

SG: subgrupo de clasificación

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 21 de xuño de 2023

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo