Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41252

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal.

Praza: (1) técnico/a de proxecto (referencia: FabLabs-23-TP1).

Proxecto que se vai desenvolver: desenvolvemento de competencias na internet das cousas a través dos laboratorios de fabricación dixital (Developing competences on the Internet of Things through digital fabrication laboratories-FabLabs).

Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, para a execución do Proxecto FabLabs, financiado polo programa europeo Erasmus+ Acción KA220-HED-001/2023, para a creación de asociacións de cooperación na educación superior a nivel europeo e identificado co código 2022-1-SI01-KA220-HED-000087812.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia