De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e pola Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencia en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés,
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, un posto de xefatura do Grupo de Mantemento adscrito á Dirección de Recursos Económicos que se relaciona no anexo.
Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Xerencia Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo nº 2 de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Área de Dirección e na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Pontevedra, 20 de xuño de 2023
José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Postos
Denominación posto |
Prazas |
Adscrición |
Procedemento provisión |
Xefatura de Grupo de Mantemento |
1 |
Dirección de Recursos Económicos Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés |
Concurso de méritos |