No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 124/2023 (procedemento abreviado), interposto por Ana de Malet Pintos Fonseca contra a desestimación presunta do recurso de reposición, formalizado o 30 de xaneiro de 2023, contra a Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos para o ingreso en diversas categorías de facultativo/a especialista de área (DOG núm. 4, do 5 xaneiro de 2023).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos