Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 47/2023, en relación co proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 47/2023, en relación ao o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro de 2022).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos a referida Sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos a referida Sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública